= EXPOSICIÓN: MULLERES NA CIENCIA 2021 O centro educativo organizou nesta primeira semana despois do Nadal unha exposición para visibilizar a muller na ciencia, para porlle nome a todas esas mulleres que contribuiron á evolución da sociedade e do noso benestar. Durante dúas semanas estará no centro a exposición "Exxperimenta en feminino", impulsada polo profesorado feminino das carreiras STEM do Campus de Ourense da UVIGO e patrocinada pola Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT) e a Universidade de Vigo. A exposición componse de 14 paneis, que están repartidos por distinta zonas do instituto. Cada un deles mostra as actividades e logros dunha muller científica ou tecnóloga que se pode considerar un referente no campo STEM (Science, Technology, Engineering and Mathematics). O obxectivo principal desta iniciativa é promover a visibilización das mulleres nas disciplinas científicas e tecnolóxicas, así como servir de referente de nenas e mozas cara ...
O IES Xesús Taboada Chivite de Verín pretende dinamizar a través do Iguala-T o respecto polas diversidades, a igualdade de oportunidades e a equidade no seu sentido máis inclusivo.