Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Decembro, 2020

PARA DECEMBRO: "AS MULLERES E OS HOMES"

 = RECOMENDACIÓN PARA REMATAR O ANO: " AS MULLERES E OS HOMES" Este mes de Decembro o Dpto de orientación do centro quere pechar este ano 2020 recomendando un libro apto para todas as idades, para todo tipo de nenos e nenas, adolescentes, persoas con necesidades educativas, adultos/as ...   Este álbum expón unha análise da sociedade desde o punto de vista da igualdade ou, mellor dito,  da desigualdade de xénero. E numéranse moitas situacións nas que mulleres e homes non reciben o mesmo trato, nin teñen os mesmos dereitos. Todo contado con humor, pero con extrema seriedade, facendo sátira da nosa sociedade. Non se trata dun conto, non. Desgraciadamente trátase dunha  historia moi real, tan real que sigue sendo a mesma despois de moitos anos, cuarenta xa desde a primeira edición deste libro que volveuse  publicar da man de Catroventos editora. É unha boa recomendación para este mes no que sempre cae algún agasallo para nenos e nenas. Un pequeno agasallo educativo, divertido e i

2020: XENERACIÓN IGUALDADE

 = 2020: XENERACIÓN IGUALDADE                   Este 2020 os dereitos das mulleres e a igualdade de xénero cobraron maior protagonismo. A   campaña  Generación Igualdad  da ONU acolleu a persoas de todos os xéneros, idades, orixes étnicos, razas, relixións e países, para impulsar accións que axuden a crear o mundo igualitario que merecemos. As pequenas accións poden xerar grandes repercusións e facer realidade esta visión.  Únete á #GeneracionIgualdad e forma parte do movemento.   Desde a folga sexual das mulleres de Liberia que axudou no camiño pola paz, o "Día Libre das Mulleres" en Islandia para reclamar a igualdade económica ata a repercusión mundial do movemento #MeToo, a historia amosounos que o cambio é posible a través do activismo colectivo.  Únete á Xeneración Igualdade para promover a igualdade de xénero mediante estas simples accións diarias. A ONU concreta 12 pequenas accións con gran impacto para a Xeneración da Igualdade: 1. COMPARTIR O CUIDADO. 2. DENUNCIAR OS

SEX EDUCATION

 = SEX EDUCATION: UNHA SERIE ORIXINAL DE NETFLIX que pensa abertamente sen pudores e sen tabúes sobre a importancia dunha educación sexual nos centros educativos.  Sex Education  xira en torno á vida de Otis, un adolescente calificado como "bicho raro" no instituto, ao que se lle une o feito de ser virxen. Pola contra, este vive coa súa nai sexóloga, ó que favorece que Otis teña un amplo coñecemento respecto ao tema. Todo cambia cando,  aliándose con Maeve, unha chica intelixente pero con mala fama,  Otis aproveita para mostrar todo o que sabe e mellorar a súa reputación na escola. Así, ambos montan una pseudoclínica onde os e as estudanrtes acuden a pedir consellos sobre os seus problemas. Desde a sororidade, o aborto, o vaxinismo, a identidade sexual, a violencia de xénero, a violencia contra a comunidade LGTTBI ou incluso as prácticas homosexuais son só algúns dos temas que trata a serie nun ambiente dun instituto británico (Moordale). É unha odisea dos e das adolescentes

ACTIVIDADE NO DÍA 25-N

 =   ACTIVIDADE NO DÍA 25-N Outro ano máis o centro involucrouse na reinvindicación do día contra a violencia machista. O 25 de Novembro, profesorado e alumnado participaron na actividade a través das súas manifestacións escritas nos post-it, deixando moi claro que NÓS NON SOMOS CÓMPLICES desta lacra social que tanto dano nos fai. O corcho posto na entrada do centro a primeira hora da mañá foi cuberto rápidamente, ó finalizar a mañá estaba ateigado de comentarios en contra de todo tipo de violencia de xénero. As nosas rapazas e os nosos rapaces teñen moito que dicir. GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN! O alumnado deixou mensaxes tan interesantes e fermosas coma as que podedes ler nos seguintes post-it.    E tendo os post-it e vendo que o Nadal estaba moi próximo... aproveitamos as expresións escritas do alumnado para facer unha árbore de Nadal moi orixinal BO NADAL EN IGUALDADE!!!