Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Febreiro, 2022

23-F DÍA DE ROSALÍA

 =  23-F DÍA DE ROSALÍA O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou este mediodía na xuntanza que a Fundación Rosalía de Castro convocou para mudar a data de celebración do día da poetisa galega ao 23 de febreiro. Este cambio prodúcese despois de que a investigadora galega Sagrario Abelleira revelase o pasado ano nova documentación que acredita a data de nacemento real nese día. Toda esta información quedou recollida na publicación Rosalía e Murguía: datos, datas e documentos (1851-1858), publicado co apoio da Consellería de Cultura, Educación e Universidade. Traslado de celebracións Con motivo da proximidade do aniversario da poeta galega, o Goberno galego e as entidades culturais e educativas, acordaron adiantar ao 23-F a efeméride, que ata o de agora se celebraba o 24 de febreiro, data do bautismo da autora de Follas Novas. Un día para celebrar a Rosalía O Día de Rosalía converteuse nos últimos anos nunha das datas máis sinaladas do calendario cultural ga

A NENA E A CIENCIA

 =   CONCURSO A NENA E A CIENCIA O VI Concurso de Creación Artística do Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia premia a escolares de seis centros da provincia  O certame recibiu 130 traballos visuais e literarios, onde unha das nosas alumnas recibió o premio na modalidade visual, Claudia Garza de 3º ESO. Temos que recoñecer que nos últimos anos o noso alumnado participou.   Este venres día 18 de febreiro o campus de Ourense celebrou a entrega de galardóns do VI Concurso de Creación Artística do Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia. Nesta ocasión, entre os 130 traballos visuais e literarios recibidos, a organización premiou a 12 estudantes de Primaria e Educación Secundaria Obrigatoria procedentes de seis centros educativos da provincia de Ourense.   Este certame organízase cada ano co gallo da celebración o día 11 de febreiro do Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia e é froito do traballo conxunto da Facultade de Ciencias, a Escola de Enxeñaría Aeronáutic

11-F Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia

 =  11-F Día Internacional da Muller e a nena na Ciencia O centro conmemora esta data con varias actividades. Entre elas, coma sempre, tivemos no centro a exposición Exxperimenta en feminino gracias aos Departamentos Didácticos de Ciencias que este curso organizou o Dpto de Física e Química. Esta iniciativa é do Campus de Ourense da UVigo que con esta iniciativa pretende promover a visibilización das mulleres nas disciplinas científicas e tecnolóxicas e servir de polo de atracción de nenas e rapazas novas ás ciencias e enxeñerías. En 2021 preséntase unha nova exposición titulada   As mulleres que nos levaron a Lúa . A exposición está composta por 12 pósteres tipo   roll up   nos que se recolle a biografía e logros daquelas mulleres que co seu coñecemento e traballo axudaron a viaxar ao espazo. Nela atoparemos matemáticas, químicas enxeñeiras e informáticas que posibilitaron as viaxes espaciais ademais das astronautas que conseguiron navegar polo cosmos. Esta exposición conta coas mara

PARA FEBREIRO: MOXIE

 =  PARA FEBREIRO: MOXIE ESTE É UN LIBRO PARA AS NOSAS ALUMNAS E OS NOSOS ALUMNOS, UN LIBRO PARA AS NOVAS XERACIÓNS DE FEMINISTAS. Vivian Carter está farta. Farta de que o director do instituto sempre favoreza ao equipo de fútbol dos chicos por enrima de todo. Farta dos sexistas códigos de vestimenta que obrigan ás chicas a levar roupa “decente” nas aulas. Farta do acoso masculino nos corredores, dos xestos machistas a diario e os comentarios inaceptables que ninguén denuncia nin castiga. Pero, sobre todo, Vivian Carter está farta de cumprir as normas.  Qué pode facer para desencadear un auténtico cambio? Moxie é a resposta. Vivian  solo é unha e non pode facer nada, pero… e se  todas as rapazas se unen? Poderán cambiar a situación? Esa é a verdadeira historia de Moxie, porque xa estamos fartos e fartas de mulleres competindo ou sendo unhas bruxas entre sí en todas as historias.  Este libro trata  temas máis importantes aparte do machismo e feminismo, fálanos da amizade e de  superar p