Saltar ao contido principal

PARA FEBREIRO: MOXIE

 =  PARA FEBREIRO: MOXIE



ESTE É UN LIBRO PARA AS NOSAS ALUMNAS E OS NOSOS ALUMNOS, UN LIBRO PARA AS NOVAS XERACIÓNS DE FEMINISTAS.

Vivian Carter está farta. Farta de que o director do instituto sempre favoreza ao equipo de fútbol dos chicos por enrima de todo. Farta dos sexistas códigos de vestimenta que obrigan ás chicas a levar roupa “decente” nas aulas. Farta do acoso masculino nos corredores, dos xestos machistas a diario e os comentarios inaceptables que ninguén denuncia nin castiga. Pero, sobre todo, Vivian Carter está farta de cumprir as normas. Qué pode facer para desencadear un auténtico cambio? Moxie é a resposta.

Vivian solo é unha e non pode facer nada, pero… e se  todas as rapazas se unen? Poderán cambiar a situación? Esa é a verdadeira historia de Moxie, porque xa estamos fartos e fartas de mulleres competindo ou sendo unhas bruxas entre sí en todas as historias. 

Este libro trata  temas máis importantes aparte do machismo e feminismo, fálanos da amizade e de  superar prexuizos. O mellor é que as rapazas comezan separadas, cada unha ao seu, e pouco a pouco comezan a formar un único frente gracias a Moxie, que solta verdades únicas e  ten ideas orixinais para cambiar a situación. 

Aínda que non é un gran libro, está ben e é entretido, pero sobre todo é de salientar a mensaxe do empoderamento feminino.

Publicacións populares deste blog

PARA XUÑO: TEORÍA KING KONG

 =  PARA XUÑO: TEORÍA KING KONG Para rematar o curso recomendamos un libro INCÓMODO . Posiblemente non sexa unha lectura sinxela para adolescentes pero si moi interesante para as persoas adultas xa que di moitas verdades que non queremos escoitar. (Xa sabedes, a xente tende a mirar para outro lado e non posicionarse). Facémonos eco dun post da web laslibreriasrecomiendan.com    “Hoy escuchamos a hombres que se lamentan de que la emancipación femenina les desviriliza. Echan de menos un estado anterior, en el que su fuerza estaba enraizada en la opresión femenina. Olvidan que esta ventaja política que se les había concedido tenía un coste: el cuerpo de las mujeres pertenecía a los hombres; en contrapartida, el cuerpo de los homres pertenecía a la producción, en tiempos de paz, y al Estado, en tiempos de guerra. La confiscación del cuerpo de las mujeres se produce al mismo tiempo que la confiscación del cuerpo de los hombres. Los únicos que salen ganando en este negoci...

PROGRAMA IGUALA-T 20/19

                                                   =    Durante o curso 2019/2020 solicitamos a Acción 3 dos Contratos-Programa:      IGUALA-T    Con esta actuación pretendemos fomentar no centro a igualdade de xénero, a coeducación, a igualdade de oportunidades, a prevención e o tratamento da violencia de xénero, o respecto e tolerancia pola diversidade afectivo-sexual e en definitiva, favorecer a promoción e sensibilización da diversidade como unha riqueza para as sociedades. Esta actuación tamén establece entre os seus obxectivos o de propiciar dinámicas para identificar, analizar e rexeitar situacións de abuso, marxinación e discriminación por razón de xénero na vida cotiá do alumnado e otras realidades, participando, na medida das posibilidades, en iniciativas que busquen cambiar estas situa...

PLAN DE IGUALDADE

   =   PLAN DE IGUALDADE Comezamos o curso 2020/2021 no IES Xesús Taboada Chivite, curso no que temos un Plan de Igualdade recollido dentro do Proxecto Educativo. Esta é a canle oficial para asentar a igualdade como un sinal de identidade do centro. Tal e como recollemos no Plan, pretendemos construir un espazo seguro e libre de violencias machista e promover un cambio social cara un mundo máis igualitario. O Plan de Igualdade é o inicio e o documento que sustenta as accións nesta materia e avía para que toda a comunidade educativa asuma este novo e irrenunciable reto: a igualdade efectiva entre homes e mulleres. Para poder ver o Plan "IgualaT no ChiviT", prema sobre o seguinte texto: PLAN DE IGUALDADE DO CENTRO

A BANDA DA LOBA

 = Colaboración da banda da loba      Gracias a coordinadora do Equipo de Dinamización da Lingua G alega, o noso alumnado tivo a sorte de pasar unha tarde con Inés, compoñente do grupo musical feminino "A banda da loba". O noso alumnado fixo de hipotéticos músicos e músicas e pensaron en temáticas de cancións onde puideron sentir como a través da expresión artística se poden traballar moitos sentimentos, inquedanzas e emocións.     

TESTEMUÑA VIOLENCIA DE XÉNERO

=  CHARLA CON TESTEMUÑA SOBRE VIOLENCIA DE XÉNERO Este curso dentro do Plan Director o alumnado de 1º de Bacharelato tivo unha Charla sobre Violencia de Xénero onde unha testemuña contou todas as violencias que se exerceron sobre ela: violencia física, psicolóxica, de illamento social e tamén os terrores da violencia sexual que nunca curan. María, tivo moito valor para poñerse diante de 50 alumnos/as de Bacharelato e contar en primeira persoa todos os seus sufrimentos. Ela di que o fai porque ela denunciou gracias a que no seu instituto alguén realizou unha charla similar. Invita a DENUNCIAR a todas as rapazas que sufriran ou estén sufrindo algún tipo de violencia. Moitas gracias María poña túa testemuña. No seguinte enlace podes a Guía de actuación ante casos de violencia de xénero no ámbito educativo.