Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta 25 NOVEMBRO

CONCENTRACIÓN POLO 25-N

 =   CENTRACIÓN POLO 25-N EN VERÍN O CIM de Verín (Centro de Información á Muller) convidounos, como cada ano, a formar parte da concentración  que se realizou na praza do Concello para denunciar a violencia machista.  O alumnado de 3º ESO coas súas titoras e outro profesorado, asistimos ao acto e tamén formamos parte da lectura do manifesto conxuntamente con outros centros educativos. Este é o manifesto do que nos facemos eco para dencunciar o 25 de Novembro: Día internacional contra a Violencia de xénero. MANIFESTO 25N 1 A violencia machista é unha das maiores vulneracións dos dereitos    das mulleres. Non ten fronteiras, ten lugar en todos os países e sociedades, sen distinción de clases, etnia e grupo de pertenza. Non hai un perfil de vítima de violencia machista, o único factor de risco é ser muller.  Tras case dous anos inmersas nunha pandemia sanitaria que nos obrigou a confinarnos e perder as nosas relacións sociais, prexudicando o noso benesta...

CARTEL PARA O 25-N

 =  CARTEL PARA O 25-N Este ano o lema do Concello e da Mancomunidade de Verín é: "Recicla o machismo" En base ao mesmo, o Departamento de Orientación do centro elaborou este cartel para levar o día 25-N á concentración convocada polo CIM.  

ACTIVIDADES POLO 25-N

 =  ACTIVIDADES POLO 25-N Para sensibiizar ao noso alumnado, o profesorado levou a cabo durante o mes de novembro diferentes actividades nas aulas.  En inglés analizáronse canciones e o seu contido. Desde o CIM desenvolveron un obradoiro do machismo a través das novas tecnologías.   En lingua galega analizaron as relacións de parella e os diferenes roles que se poden dar.   O alumnado de 1ºESO-A crearon a porta violeta e traballaron diferentes cancións que tratan sobre a violencia de xénero.       No equipo de dinamización da lingua galega, en inglés e francés fixeron cartelería que fixo que os muros do centro puideran falar.  

EXPOSICIÓN: NON!!

 =   EXPOSICIÓN: A VIOLENCIA DE XÉNERO... DILLE NON! Este curso escolar tivemos a sorte de ter no centro esta exposición da Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia desde o 5 ao 22 de Marzo coincidindo con esta data tan importante en prol da igualdade e dando un toque de cor e de feminismo ás paredes dos corredores do centro. O alumnado puido fixarse e reflexionar sobre moitos tipos de violencia de xénero: control, presión, manipulación, celos, abuso, extorsión, chantaxe emocional, humillación, ... cos que as mozas conviven cada día na súa relación de parella e na sociedade en xeral. O profesorado tamén puido traballar estes contidos a través da guía didáctica elaborada sobre a exposición e que se lle enviou a todos os profesores e todas as profesoras do noso centro educativo.  Podedes ver a unidade diáctica no seguinte enlace: http://igualdade.xunta.gal/es/campanas/unidad-didactica-la-violencia-de-genero-dile-no

ACTIVIDADE NO DÍA 25-N

 =   ACTIVIDADE NO DÍA 25-N Outro ano máis o centro involucrouse na reinvindicación do día contra a violencia machista. O 25 de Novembro, profesorado e alumnado participaron na actividade a través das súas manifestacións escritas nos post-it, deixando moi claro que NÓS NON SOMOS CÓMPLICES desta lacra social que tanto dano nos fai. O corcho posto na entrada do centro a primeira hora da mañá foi cuberto rápidamente, ó finalizar a mañá estaba ateigado de comentarios en contra de todo tipo de violencia de xénero. As nosas rapazas e os nosos rapaces teñen moito que dicir. GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN! O alumnado deixou mensaxes tan interesantes e fermosas coma as que podedes ler nos seguintes post-it.    E tendo os post-it e vendo que o Nadal estaba moi próximo... aproveitamos as expresións escritas do alumnado para facer unha árbore de Nadal moi orixinal BO NADAL EN IGUALDADE!!!

ACTIVIDADE 25-N

     =  25 DE NOVEMBRO: DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO Neste curso 2020/2021 facemos a seguinte proposta desde o Departamento de Orientación a iniciativa do Equipo da Biblioteca para conmemorar un día tan importante no avance da sociedade.  Podedes ver a Actividade (pdf) plantexada no seguinte enlace: Por unha parte engadimos os vídeos da Campaña do Ministerio (2017)  "Encuentra el amor verdadero" protagonizados por adolescentes en situacións moi cotiás onde o alumnado se pode ver reflexado/a. con eles pretendemos unha reflexión crítica de condutas que, ás veces, temos normalizadas. Por outra parte, e baseándonos na Campaña #eunonsoncomplice da Junta de Andalucía (2015) facemos unha proposta de repulsa, implicación e denuncia ante esta lacra que é a violencia de xénero desde un punto de vista amplo abarcando a todas e cada unha das diversas formas de violencia machista.