= 25 DE NOVEMBRO: DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
Por unha parte engadimos os vídeos da Campaña do Ministerio (2017) "Encuentra el amor verdadero" protagonizados por adolescentes en situacións moi cotiás onde o alumnado se pode ver reflexado/a. con eles pretendemos unha reflexión crítica de condutas que, ás veces, temos normalizadas.
Por outra parte, e baseándonos na Campaña #eunonsoncomplice da Junta de Andalucía (2015) facemos unha proposta de repulsa, implicación e denuncia ante esta lacra que é a violencia de xénero desde un punto de vista amplo abarcando a todas e cada unha das diversas formas de violencia machista.