= O 25 de Novembro, día internacional para a eliminación da violencia de xénero, o CIM (Centro de Información Muller) de Verín invitounos a ver esta fermosa película documental para vibilizar a realidade doutras nenas no Mundo.
Fumos co alumnado de 4º ESO e foi unha oportunidade para reflexionar da falta de acceso á educación de moitas mulleres noutras partes do Mundo.
"Unha muller con coraxe é unha revolución"
é o lema que defende esta organización.
Se queres ver o trailer deste documental pulsa sobre esta imaxe.