Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Marzo, 2021

As vosas avoas

 =  AS AVOAS DO ALUMNADO.   Polo día 8 de Marzo o alumnado de 2º ESO do centro, gracias a súa profesora de Lingua e Literatura Catelá, Tamara Varela, quixeron homenaxear a unha das mulleres máis importantes da súa familia, ÁS SÚAS AVOAS. Con maiúscula merece este recoñecemento tan ben feito polos seus netos e netas. Moitas gracias por este fermoso vídeo!!!

"Matriarcas" en Lingua de Signos

=    MATRIARCAS, en Lingua de Signos. A profesora de Audición e Linguaxe, Patricia Montesinos, realizou unha montaxe sobre o tema de Guadi Galego "Matriarcas", na que a alumna de 1º ESO, Rubí Suárez Vargas, interpreta esta fermosa canción en linguaxe de signos. Moitas gracias tamén a nosa Intérprete de Lingua de Signos Laura Vila Fernández pola súa colaboración.

PARA MARZO: "TODOS DEBERIAMOS SER FEMINISTAS"

=  PARA MARZO: " TODOS DEBERIAMOS SER FEMINISTAS " de CHIMAMANDA NGOZI ADICHIE Qué significa ser feminista e qué impresión transmite esa palabra? Neste libro Chimamanda Ngozi axúdanos a romper os estéreotipos e a rescatar un concepto que se atopa totalmente desvirtuado. Esta lectura é unha exposición que invita a homes e mulleres a recoñecer que hoxe en día si hai un problema coa situación de xénero e temos que solucionalo. Adichie é unha narradora cun estilo claro e suxerente, sen tempos mortos, das que enganchan desde o principio da frase.  Agardamos que o disfrutes. Para alimentar máis a túa intención de ler esta magnifica reflexión, deixámosche o artigo de Carlos Pardo para "Babelia" no País na " Recomendación de la semana" .   https://elpais.com/cultura/2015/09/10/babelia/1441900113_014976.html  EL LIBRO DE LA SEMANA Feminista feliz y que no odia a los hombres La escritora nigeriana Chimamanda Ngozi Adichie se rebela contra el machismo. Y contra los

ACTIVIDADE TITORÍA 8M

 =   ACTIVIDADE DE TITORÍA POLO DÍA 8 DE MARZO.    Durante esta semana desde o Departamento de Orientación proponse unha actividade de titoría para traballar a igualdade de xénero no Día Internacional da Muller. A actividade leva por título "A xente nova ten moito que dicir" para que as nosas alumnas e os nosos alumnos valoren inicativas feitas por outros estudantes e se sintan orgullosos e  orgullosas de tales reinvindicacións. Esta actividade tamén quer animalos a expresar as súas ideas, propostas e cambios. Engadimos a Actividade que podedes ver no seguinte enlace. Na actividade podemos reflexionar sobre 2 vídeos musicais elaborados por xente nova que aposta pola igualdade e polo feminismo. Vídeo: ¿Como te suena? Unha reflexión sobre as mensaxes machistas que ofrecen algunhas cancións. Vídeo: Rap sobre a igualdade e en contra do machismo realizado por un grupo de adolescentes.

EXPOSICIÓN: NON!!

 =   EXPOSICIÓN: A VIOLENCIA DE XÉNERO... DILLE NON! Este curso escolar tivemos a sorte de ter no centro esta exposición da Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia desde o 5 ao 22 de Marzo coincidindo con esta data tan importante en prol da igualdade e dando un toque de cor e de feminismo ás paredes dos corredores do centro. O alumnado puido fixarse e reflexionar sobre moitos tipos de violencia de xénero: control, presión, manipulación, celos, abuso, extorsión, chantaxe emocional, humillación, ... cos que as mozas conviven cada día na súa relación de parella e na sociedade en xeral. O profesorado tamén puido traballar estes contidos a través da guía didáctica elaborada sobre a exposición e que se lle enviou a todos os profesores e todas as profesoras do noso centro educativo.  Podedes ver a unidade diáctica no seguinte enlace: http://igualdade.xunta.gal/es/campanas/unidad-didactica-la-violencia-de-genero-dile-no

8 DE MARZO DO 2021

 =   DÍA DA MULLER, O NOSO DÍA! O IES Xesús Taboada Chivite da luz a este día neste mes que axuda a dar un pouco de visibilidade a este reto tan importante como é a igualdade entre todos e todas.  8 de Marzo: Día Internacional da Muller  A través de carteis polo centro intentamos visibilizar e sensibilizar da importancia dun mundo  máis igualitario e, polo tanto, máis feminista.     Gran parte do noso alumnado a partir de 3º ESO secundou a folga neste ano tan raro onde non puidemos sair ás rúas das nosas cidades e das nosas vilas.