Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Marzo, 2020

PARA MARZO: "PERSÉPOLE"

=    A RECOMENDACIÓN DO MES DE MARZO NA NOSA SECCIÓN "LECTURAS EN FEMININO" É A SEGUINTE:    Lucía Rúa, orientadora do IES Xesús Tabaoada Chivite, fai  esta recomendación que agarda sexa a primeira de moitas. Esta sección terá a súa continuidade e así entre todos e todas poder enriquecernos das fabulosas lecturas de autores e autoras que amosan as diversas realidades da nosa sociedade, sempre cunha visión feminista, crítica e igualitaria. RECOMENDACIÓN: PERSÉPOLE Desde hai un par de anos, son unha gran lectora de Novela gráfica, encántame somerxerme na lectura das imaxes que acompañan os textos e diálogos que amosan os escritores/as, deseñadores/as e debuxantes. Lin moitas novelas gráficas que me encantaron como Maus , Epiléptico , Guantánamo kid ou Engurras .  Este verán, a filla de 16 anos dun amigo, recomendoume este libro, contoume brevemente de que trataba pero o que me sorprendeu foron as súas ilustracións, a capacidade de mostrar tantas emocións a través dos

ROSA TALLÓN

=   DEBATE-CHARLA CON ROSA TALLÓN       O 9 de Marzo do 2020  pola tarde o alumnado de 4º ESO asistiu ao debate-charla sobre igualdade de xénero coa Fiscal Rosa Tallón (antiga alumna do noso centro).   Aprendimos moitas cousas sobre a súa profesión e tamén sobre a violencia de xénero, amosou datos moi interesantes que nos fixeron reflexionar da importancia de traballar a igualdade desde os centros educativos. Tamén falou da influencia da  pornografía nos adolescentes, das relacións que se dan entre chico-chica, das diferentes condenas,... pero insistiu que unha condena por moi exemplar que sexa, non reduce o machismo.  Rosa Tallón  está convencida que a igualdade de xénero só se consigue coa educación. 

ROSALÍA DE CASTRO

=   DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO       Co gallo do Día de Rosalía de Castro,   día  24 de febreiro, o centro rinde homenaxe a  escritora máis representativa e reivindicativa de Galicia pola súa defensa do pobo galego e de súa lingua.  Os alumnos e alumnas de 3º ESO da profesora Tatiana Otero fixeron debuxos de Rosalía imitando a técnica empregada por Andy Warhol no seu famoso díptico de Marilyn Monroe. Expuxeron no centro un fermoso mural con todas as imaxes de Rosalía. Tamén o alumnado de 1º ESO, gracias á Biblioteca do centro, disfrutou dun  obradoiro moi práctico da Asociación Tarabelos (títeres e contacontos): "Rosalía. Todos por igual" .  O alumnado a través da música, poesía e a expresión artística coñeceu o fermoso mundo desta escritora.         www.tarabelos.com    

EXPOSICIÓN DE MULLERES DE VERÍN

  =   Exposición de Mulleres  Co gallo do Día da Muller, os membros do EDLG, recompilaron información sobre  Mulleres Singulares da Comarca de Verín e montaron unha exposición que se topa no corredor do segundo andar do IES Xesús Taboada Chivite que conduce á biblioteca. Ademáis a partir dos nomes desas mulleres, o alumnado de Javier Díaz, profesor de Plástica, fixo un orixinal alfabeto, que se pendurou nunha estrutura en forma de árbore realizada por Javier Rodríguez, profesor de Bioloxía, e que podedes ver na planta baixa do instituto.                    Despois de realizar esa exposición sobre mulleres singulares na Comarca de Verín, coincidindo co Día da Muller (8 de marzo), o EDLG decidiu crear un blog con toda a información e imaxes recompiladas para compartir todo o que estas m ulleres fixeron e fan pola comarca de Verín.  Se queres acceder a este blog pulsa na imaxe :

DÍA 8 DE MARZO

8-M: DÍA INTERNACIONAL DA MULLER"     O centro participou no concurso para o deseño do cartel do Día 8 de Marzo do 2020 "DIA INTERNACIONAL DA MULLER" que convoca a Secretaría Xeral da Igualdade.     PDF Convocatoria   O obxecto do concurso é fomentar a promoción da igualdade dentro dos centros educativos de Galicia, a través dunha acción que visibilice a contribución das mulleres nos distintos ámbitos e promova a reflexión sobre os estereotipos de xénero así como o camiño que as mulleres  tiveron que percorrer para ver recoñecidos os seus dereitos. O noso alumnado participou na Categoría que abarca á ESO coas seguintes montaxes fotográficas. 

MARCHA MUNDIAL DAS MULLERES (VERÍN)

=    Este ano, a Marcha Mundial das Mulleres realizouse en Verín para recoñecer a labor que fixeron ante o peche do paritorio no hospital comarcal.  Esa loita tiña que ser recoñecida! O Departamento de Orientación asistiu ao Encontro Aberto para establecer cal sería a participación por parte de todos os ámbitos. Considerouse decorar o centro educativo con algún cartel xa que a Marcha comenzaba desde o IES.  O Departamento de Educación Plástica e Visual realizou este cartel que amosamos nesta " entrada ". Estivo na porta do centro, en gran formato, para animar á manifestación que se realizou o día 1 de Marzo. Por parte do centro tamén dimos difusión da propia Marcha a través de carteis que estiveron colgados nos diferentes corredores e nos taboleiros, así como na porta de entrada ao centro. 

BOLSAS CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

=    O CDR Portas Abertas de Verín ofreceu ao alumnado de 4º de ESO esta práctica actividade para sensibilizar desta lacra social. Despois dunha pequena charla de sensibilización, o alumnado deseñaba e decoraba unha bolsa de tela con lemas en contra da violencia machista para conmemorar o Día internacional contra a violencia de xénero.

EMC2

=   EXCELENTES MULLERES CIENTÍFICAS  A asociación Ciencia en Movemento ofreceu este obradoiro para dar a coñecer grandes avances dirixidos por mulleres científicas. Este curso, gracias á dotación económica enviada pola Consellería de Educación aos centros educativos en materia de Igualdade, o alumnado de 4º ESO tivo a oportunidade de  disfrutar do Obradoiro "Excelentes Mulleres Científicas" realizado pola asociación Ciencia en Movemento.  Coñecimos excelentes inventigadoras científicas, moitas delas descoñecidas, debido ao seu escaso recoñecemento, tanto en vida como posteriormente. Polo simple feito de seren mulleres, tivérono moito máis complicado, por iso a maioría delas foron  pioneiras …  As científicas reflexadas nesta sección foron:  Hipatia de Alexandría,  Cecilia de Payne,  Rosaling Frankling,  Lynn Margulis,  Emma Noether,  Henrietta Leavitt,  Vera Rubin,  Hedy Lamarr,  Begoña Vila,... Trouxeron ao centro o seu museo científico itinerante cheo de intere

PROGRAMA IGUALA-T 20/19

                                                   =    Durante o curso 2019/2020 solicitamos a Acción 3 dos Contratos-Programa:      IGUALA-T    Con esta actuación pretendemos fomentar no centro a igualdade de xénero, a coeducación, a igualdade de oportunidades, a prevención e o tratamento da violencia de xénero, o respecto e tolerancia pola diversidade afectivo-sexual e en definitiva, favorecer a promoción e sensibilización da diversidade como unha riqueza para as sociedades. Esta actuación tamén establece entre os seus obxectivos o de propiciar dinámicas para identificar, analizar e rexeitar situacións de abuso, marxinación e discriminación por razón de xénero na vida cotiá do alumnado e otras realidades, participando, na medida das posibilidades, en iniciativas que busquen cambiar estas situacións.                                                 As imaxes desta entrada foron sacadas nos muros do centro educativo de Finlandia (Uusikaupunki)    Decidimos realizar o Programa Igual

IV CONCURSO DE DEBUXO E REDACCIÓN

=    O CENTRO PARTICIPOU NO IV CONCURSO ESCOLAR DE DEBUXO E REDACCIÓN DO DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E A NENA NA CIENCIA.   A alumna de 3º ESO,  Uxía Rúa Nóvoa gañou o primeiro premio do IV Concurso de Debuxo e Redacción do Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia, na modalidade de redacción, organizado pola Universidade de Vigo, co relato: "A miña bisavoa". Parabéns Uxía!!! Se queres ler o arquivo,     PREMA AQUÍ  

DÍA DA CIENCIA EN GALEGO 2019

=   DÍA DA CIENCIA EN GALEGO NO CHIVITE       Este ano o Equipo de Dinamización da Lingua Galega considerou celebrar o Día da Ciencia en Galego adicándollo á TÁBOA PERIÓDICA, cando se conmemora o seu 150 aniversario da súa creación. Alumnado de 3º ESO realizaron o mural "Mulleres na Táboa Peródica"  no que aparecen as 5 mulleres pioneiras que identificaron cinco elementos da Táboa periódica: Marie Curie, Berta Karlik, Ida Nodack, Lise Meitner e Margarite Perey.

GAÑADORES DO CONCURSO

 =     O NOSO CENTRO GAÑOU NA SÚA CATEGORÍA O CONCURSO DE IMAXES PARA A PROMOCIÓN DA IGUALDADE DE XÉNERO. Gabriela Dumitru e Elías Fabrizio Bernal Barrios de 2º ESO premiados no concurso de imaxes sobre cooperación Galicia-Norte de Portugal na promoción da Igualdade e a Prevención de Violencia de Xénero coa fotomontaxe " PODEMOS CON TODO ".

FILM: GIRL RISING

    =    O 25 de Novembro, día internacional para a eliminación da violencia de xénero, o CIM (Centro de Información Muller) de Verín invitounos a ver esta fermosa película documental para vibilizar a realidade doutras nenas no Mundo.  Fumos co alumnado de 4º ESO e foi unha oportunidade para reflexionar da falta de acceso á educación de moitas mulleres noutras partes do Mundo. "Unha muller con coraxe é unha revolución"   é o lema que defende esta organización. Se queres ver o trailer deste documental pulsa sobre esta imaxe.

CONCURSO DE IMAXES

=   CONCURSO DE IMAXES PARA A PROMOCIÓN DA IGUALDADE DE XÉNERO   O alumnado do noso centro participará no " Concurso de imaxes para a promoción da igualdade de xénero e a prevención da violencia de xénero entre o alumnado da Eurocidade Chaves-Verín" ,  promovido pola Secretaría Xeral de Igualdade.  Trátase dun concurso formado por fotografías, fotomontaxes, carteis, debuxos ou outras imaxes en formato dixital no que o alumnado reflexionará sobre a igualdade entre mulleres e homes e/ou sobre a violencia contra as mulleres e as nenas, nun marco de cooperación territorial entre Galicia e o norte de Portugal. Desde Retnova  promoveron a participación no concurso a través dunha charla para a sensibilización da temática e a motivación do alumnado desde 2º de ESO ata 2º de Bacharelato.         IMAXES ENVIADAS:

VERDADES NOS ESPELLOS

=   VERDADES  NOS  ESPELLOS   Actividade organizada pola Biblioteca do IES Xexús Taboada Chivite co gallo do Día contra a Violencia de Xénero (25 de Novembro). Mensaxes nas paredes e nos espellos do centro fan que reflexionemos sobre realidades como os micromachismos, o amor romántico, os pseudopiropos, as costumes que deben cambiar,......