= CONCURSO DE IMAXES PARA A PROMOCIÓN DA IGUALDADE DE XÉNERO
O alumnado do noso centro participará no "Concurso de
imaxes para a promoción da igualdade de xénero e a prevención da violencia de
xénero entre o alumnado da Eurocidade Chaves-Verín", promovido pola Secretaría
Xeral de Igualdade.
Trátase dun concurso formado por
fotografías, fotomontaxes, carteis, debuxos ou outras imaxes en formato
dixital no que o alumnado reflexionará sobre a igualdade entre mulleres e
homes e/ou sobre a violencia contra as mulleres e as nenas, nun marco de
cooperación territorial entre Galicia e o norte de Portugal.
Desde Retnova promoveron a participación no concurso a través dunha charla para a sensibilización da temática e a motivación do alumnado desde 2º de ESO ata 2º de Bacharelato.
IMAXES ENVIADAS: