Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Febreiro, 2021

DÍA DE ROSALÍA

 =   DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO, 24 DE FEBREIRO.  Outro ano máis o centro conmemora o día da gran poeta do noso país.  Este ano elaborouse un  Cartaz de Rosalía de Castro , realizado polo profesor Iago Rodríguez Ramos (profesor de ITI e Francés) coas fotos de todo o alumnado de 1º ESO integradas. Noraboa!!!  Ademais, coincidindo cos 21 días co Galego , campaña da Xunta de Galicia na que este ano participa o centro coa organización e coodinación do Equipo de Dinamiación da Lingua Galega, fixéronse varias actividades que merece a pena salientar.   Bo traballo compañeiros e compañeiras! Recita o poema de "Cantares Gallegos" a alumna Diana Calvo Gallego de 1º ESO A. Negra sombra, versión clásica (Érika Barbosa, de 1 Bach, co profesor David Rodríguez ao piano)   Negra sombra, versión rap por 3º ESO-B

PARA FEBREIRO: "FEMINISMO ILUSTRADO"

 =   Recomendación para Febreiro: Feminismo Ilustrado Neste libro de María Murnau e Helen Sotillo, as súas autoras explican, desde o humor,  por qué todo o mundo debería ser feminista. A través de  graciosas e realistas viñetas, este libro servirá para que os adolescentes entendan a  orixe deste movemento e para que reflexionen  sobre a educación en igualdade.   O título está absolutamente claro e non deixa nada á imaxinación. Unha viaxe a través do feminismo e das formas de recoñecer o machismo que hai na nosa sociedade.   As autoras fan un pequeno repaso histórico do feminismo e animan a todos e todas a declararse sen medos e sen vergoñas como feministas. Eu son feminista! E ti Como di a contraportada “«Feminista» é unha palabra que ven con moita equipaxe. Demasiada!  A ver se, ilustrándoo, snetndese dunha vez por todas que todos  e todas deberíamos ser feministas”.

DÍA DA MULLER E DA NENA NA CIENCIA

 =  11 DE FEBREIRO: Día da Muller e da Nena na Ciencia O IES Xesús Taboada Chivite conmemora de novo este día dunha forma moi orixinal. Alumnas de 1º ESO realizan vídeos sobre pioneiras científicas para narrar en primeira persoa as súas vidas. Nesta gran inicitiva colaboran o Equipo de Dinamización da Lingua Galega e o seu profesor de Bioloxía-Xeoloxía, Javier Rodríguez. Noraboa a estas rapazas que interpretan a grandes mulleres: Diana Calvo Interpreta a Isabel Zendan   Martina Dosantos interpreta a Marie Curie   Paula Gago á matematica Mileva Maric   

CARTEL 8-M CLASE 3ºESO-A

=  CARTEIS PARA O 8 DE MARZO.   Como cada ano o centro participa no  Concurso de carteis do 8 de marzo de 2021: Día Internacional da Muller A Xunta de Galicia, a través da Secretaría Xeral de igualdade dentro da Consellería de Emprego e Igualdade, convoca un concurso para o deseño do cartel do día 8 de marzo co gallo da celebración do Día Internacional da Muller.    O curso pasado participamos con 2 carteis de diferentes alumnos/as e este ano parece que o alumnado tamén se está animando. O cartel deste curso é o do grupo 3ºESO-A que fixeron un cartel común entre todos e todas. Noraboa e moita Sorte!!                       Esta é a opción enviada ao Concurso da Xunta de Galicia

V CONCURSO DE DEBUXO E REDACCIÓN UVigo

  =    V Concurso Escolar de Creación Artística do Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia Este concurso está aberto á participación de alumnado de Primaria e ESO da provincia de Ourense. A iniciativa enmárcase dentro das accións que cada curso académico organizan a Facultade de Ciencias, a Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo e a Escola Superior de Enxeñaría Informática do campus de Ourense co gallo da celebración o día 11 de febreiro do Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia. Outro ano máis o noso centro participa nesta iniciativa e outro ano máis recoñeceselle o traballo a unha das nosas estudantes. O curso pasado Sabela Rúa levaba esta gran sorpresa co seu relato sobre a súa avoa e este ano o recibe outra alumna cun relato sobre Rosalind Franklin.                                    A alumna de 3º ESO B, Omaima Limane Limane, foi galardoada co segundo premio, no Concurso Escolar de Creación Artística do Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia, organi