= Recomendación para Febreiro: Feminismo Ilustrado
Neste libro de María Murnau e Helen Sotillo, as súas autoras explican, desde o humor, por qué todo o mundo debería ser feminista. A través de graciosas e realistas viñetas, este libro servirá para que os adolescentes entendan a orixe deste movemento e para que reflexionen sobre a educación en igualdade.
As autoras fan un pequeno repaso histórico do feminismo e animan a todos e todas a declararse sen medos e sen vergoñas como feministas.
Eu son feminista! E ti
Como di a contraportada “«Feminista» é unha palabra que ven con moita equipaxe. Demasiada! A ver se, ilustrándoo, snetndese dunha vez por todas que todos e todas deberíamos ser feministas”.