= VIDEOCONFERENCIA COA ESCRITORA CARE SANTOS
O pasado 3 de maio o alumnado de 2º ESO tivo un
pracenteiro encontro virtual con Care Santos, autora de recoñecido prestixio
con premios tan importantes como o Nadal, Premios Edebé ou o Barco de Vapor
entre outros. Dita actividade foi organizada polo Departamento de Lingua
Castelá e Literatura despois de que os estudantes leran e amosaran ao longo do
curso o gusto por algúns dos seus libros (“Mentira”, “Verdad”, “Miedo” ou “Ben”).
As lecturas gustan máis cando quen as cociña ensina
algunhas das súas receitas. Grazas a Care Santos e ao noso alumnado, que cubriu
con creces as expectativas que sempre depositamos nel. Noraboa!