Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Setembro, 2020

CONTRATO-PROGRAMA IGUALA-T 20/21

=   Outro curso máis solicitamos a Acción 3 dos  Contratos- Programa: IGUALA-T  Coma o curso pasado, con esta actuación pretendemos fomentar no centro a igualdade de xénero, a coeducación, a igualdade de oportunidades, a prevención e o tratamento da violencia de xénero, o respecto e tolerancia pola diversidade afectivo-sexual e en definitiva, favorecer a promoción e sensibilización da diversidade como unha riqueza para as sociedades. Se queres ver a Convocatoria dos Contratos-Programa 2020-2021, pulsa sobre a imaxe:  Esta actuación tamén establece entre os seus obxectivos o de propiciar dinámicas para identificar, analizar e rexeitar situacións de abuso, marxinación e discriminación por razón de xénero na vida cotiá do alumnado e otras realidades, participando, na medida das posibilidades, en iniciativas que busquen cambiar estas situacións.     O Programa Iguala-T traballarase outra vez cos grupos de 4º ESO. Debemos salientar que de forma directa o alumnado que desenvolverá a maior pa

PLAN DE IGUALDADE

   =   PLAN DE IGUALDADE Comezamos o curso 2020/2021 no IES Xesús Taboada Chivite, curso no que temos un Plan de Igualdade recollido dentro do Proxecto Educativo. Esta é a canle oficial para asentar a igualdade como un sinal de identidade do centro. Tal e como recollemos no Plan, pretendemos construir un espazo seguro e libre de violencias machista e promover un cambio social cara un mundo máis igualitario. O Plan de Igualdade é o inicio e o documento que sustenta as accións nesta materia e avía para que toda a comunidade educativa asuma este novo e irrenunciable reto: a igualdade efectiva entre homes e mulleres. Para poder ver o Plan "IgualaT no ChiviT", prema sobre o seguinte texto: PLAN DE IGUALDADE DO CENTRO

PARA SETEMBRO: "THE DIARIES OF ADAM & EVE"

RECOMENDACIÓN PARA SETEMBRO: "The Diaries of Adam and Eve" of Mark Twain. Comezamos este curso taaaaan intenso e cheo de cambios, e cheo de incertidumes, e cheo de anhelos,... cunha boa recomendación para alimentar as nosas mentes na busca do noso propio Edén. Isabel Cota, profesora de Inglés do IES Xesús Taboada Chivite fainos unha fermosa, interesante, doce e divertica  recomendación para este mes taaaan desalentador. "Mark Twain reescribe o seu marabilloso relato "Os diarios de Adán e Eva", no que refunde dous textos previos da súa autoría. Como indica o título, asistimos á interpretación que cada un fai da realidade na que se viron inmersos ó apareceren no Edén. A perspectiva de Adán é máis simple, egoísta, utilitaria e superficial, mentres que a de Eva é moito máis profunda, racional, reflexiva e autoconsciente. Así, ela utilizará dun xeito especial as ferramentas que teñen en común (como a linguaxe, por exemplo, coa que ela "bautiza/nomea" o mun