Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Outubro, 2020

PARA OUTUBRO: "MIL SOLES ESPLÉNDIDOS"

 =  RECOMENDACIÓN PARA OUTUBRO:  MIL SOLES ESPLÉNDIDOS de HOSSEINI, KHALED.  César Sánchez, o actual director do centro fainos esta boa recomendación do autor do coñecido libro "Cometas en el cielo". En Afganistán onde as traxedias son cousas do día a día, o autor é capaz de mostrar unha luz chea de esperanza. Agardamos que vos guste. " É un libro que lin hai anos e que realmente me impactou xa que detallando unha historia de amizade entre dúas mulleres, cunha diferenza de idade importante, da conta da dureza da vida das mulleres nun país coma Afganistán, sometido a violencia política e situacións bélicas terroristas sobre a súa poboación. Unha destas mulleres, é enviada polo seu pai a Kabul con 15 anos para casarse cun home 30 anos maior. Vinte anos despois atopa na rúa á outra protagonista, coa mesma idade que tiña cando se casou e dalle cobixo co permiso do seu marido. Forxan unha amizade tan forte que lles permitirá afrontar tódalas adversidades que se atopan, tanto

DÍA DA NENA

  .   11 DE OUTUBRO: DÍA INTERNACIONAL DA NENA    O 19 de decembro de 2011, a Asamblea Xeral das Nacións Unidas adoptou o  11 de outubro como Día Internacional da Nena e recoñecer os dereitos das msmas e os desafíos únicos aos que se enfrentan en todo o mundo, así como promover o seu empoderamento e o cumplimento dos seus dereitos humanos. No Día da Nena debemos reinvindicar un país máis feminista onde as nenas e as adolescentes poidan vivr en igualdade, sen medo e sen violencias. As nenas están rompendo os límites e as barreiras que plantexan os estereotipos e a exclusión, incluidos ls dirixidos aos nenos/as con discapacidade e os que viven en comunidades marxinadas. Como emprendedoras, innovadoras e iniciadoras de movementos globais, as nenas están creando un mundo que é relevante para elas e as xeracións futuras. A ONU este ano amosa este vídeo para fomentar a igualdade das nenas a nivel profesional. Elas poden chegar a ser o que queiran ser, non debe haber barreiras, límites nin te

SARAY SUÁREZ MONTOYA

     SARAY SUÁREZ MONTOYA:  Ela é unha das nosas mulleres, unha alumna da que nos sentimos moi orgullosos/as desde o centro educativo por todas as barreriras que foi capaz de superar e sobre todo por seguir sendo ela mesma.  Saray Suárez Montoya foi a primeira alumna de etnia xitana que acadou o título da ESO no IES Xesús Taboada Chivite, logro que lle foi recoñecido co premio da ESO ao esforzo e superación persoal da Consellería de Educación. Pero non remata aquí a súa traxectoria, senón que tamén foi a primeira alumna xitana en acadar o título de Bacharelato e con moi bo expediente. Isto podería ser algo anecdótico noutra familia pero na comunidade de Saray non é habitual que as mulleres xitanas estuden polo que consideramos que pode ser o comezo dun cambio xa que a educación favorece a integración. Agardamos que ela sexa só o inicio de moitas outras historias. Ao rematar o curso, o coordinador da Radio Chivite, fíxolle unha interesante entrevista que amosa a traxectoria de Saray e s

CONCURSO FEMURO

 =    I CONCURSO DE CARTEIS CONTRA AS VIOLENCIAS MACHISTAS Este curso a Federación Provincial de Mulleres Rurais de Ourense (FEMURO) promove este concurso para traballar a prevención da violencia de xénero xa   que debido á situación sanitaria non vai poder traballar de forma directa nos centros educativos a través de obradoiros que se levaron a cabo en cursos pasados. Animamos a que os alumnos e as alumnas do centro participen e exprimana súa creatividade nesta causa tan necesaria. Temos pouco tempo pero agardamos presentar varios carteis!!!!