Saltar ao contido principal

SARAY SUÁREZ MONTOYA

 

   SARAY SUÁREZ MONTOYA: Ela é unha das nosas mulleres, unha alumna da que nos sentimos moi orgullosos/as desde o centro educativo por todas as barreriras que foi capaz de superar e sobre todo por seguir sendo ela mesma. 

Saray Suárez Montoya foi a primeira alumna de etnia xitana que acadou o título da ESO no IES Xesús Taboada Chivite, logro que lle foi recoñecido co premio da ESO ao esforzo e superación persoal da Consellería de Educación.

Pero non remata aquí a súa traxectoria, senón que tamén foi a primeira alumna xitana en acadar o título de Bacharelato e con moi bo expediente. Isto podería ser algo anecdótico noutra familia pero na comunidade de Saray non é habitual que as mulleres xitanas estuden polo que consideramos que pode ser o comezo dun cambio xa que a educación favorece a integración. Agardamos que ela sexa só o inicio de moitas outras historias.

Ao rematar o curso, o coordinador da Radio Chivite, fíxolle unha interesante entrevista que amosa a traxectoria de Saray e sobre todo a súa dozura e humildade.

Podedes ler ou escoitar a entrevista nos seguintes enlaces:

LER                                            ESCOITAR

Tamén, a súa profesora de Relixión Evanxélica, Rebeca Ares, adicoulle estas fermosas palabras despois de tantos anos sendo a súa alumna:

"¡Saray, no sabes la alegría que me da escribir estas lineas! 

Estoy muy orgullosa de ti y, aunque sé que no te gusta que te lo digan, para mi eres un ejemplo de humildad, esfuerzo, constancia, compañerismo, siempre tranquila, defendiendo lo que crees sin alzar la voz. ¡He aprendido tanto de ti a lo largo de estos años...!

Dejas el instituto persiguiendo tu sueño y sé que lo vas a conseguir. Vas a ser una profe genial, tu alumnos/as tendrán suerte de tenerte.

Nos hubiese gustado que este fin de curso fuese de otro modo, tener una graduación y poder darte el homenaje que mereces. En cierto modo, te vas como tú querías, sin hacer mucho ruido, pero aunque sea de modo virtual, hoy todos y todas nos levantamos y te aplaudimos.

¡Bravo Saray!"   👏👏👏👏👏👏




Publicacións populares deste blog

PROGRAMA IGUALA-T 20/19

                                                   =    Durante o curso 2019/2020 solicitamos a Acción 3 dos Contratos-Programa:      IGUALA-T    Con esta actuación pretendemos fomentar no centro a igualdade de xénero, a coeducación, a igualdade de oportunidades, a prevención e o tratamento da violencia de xénero, o respecto e tolerancia pola diversidade afectivo-sexual e en definitiva, favorecer a promoción e sensibilización da diversidade como unha riqueza para as sociedades. Esta actuación tamén establece entre os seus obxectivos o de propiciar dinámicas para identificar, analizar e rexeitar situacións de abuso, marxinación e discriminación por razón de xénero na vida cotiá do alumnado e otras realidades, participando, na medida das posibilidades, en iniciativas que busquen cambiar estas situa...

PARA XUÑO: TEORÍA KING KONG

 =  PARA XUÑO: TEORÍA KING KONG Para rematar o curso recomendamos un libro INCÓMODO . Posiblemente non sexa unha lectura sinxela para adolescentes pero si moi interesante para as persoas adultas xa que di moitas verdades que non queremos escoitar. (Xa sabedes, a xente tende a mirar para outro lado e non posicionarse). Facémonos eco dun post da web laslibreriasrecomiendan.com    “Hoy escuchamos a hombres que se lamentan de que la emancipación femenina les desviriliza. Echan de menos un estado anterior, en el que su fuerza estaba enraizada en la opresión femenina. Olvidan que esta ventaja política que se les había concedido tenía un coste: el cuerpo de las mujeres pertenecía a los hombres; en contrapartida, el cuerpo de los homres pertenecía a la producción, en tiempos de paz, y al Estado, en tiempos de guerra. La confiscación del cuerpo de las mujeres se produce al mismo tiempo que la confiscación del cuerpo de los hombres. Los únicos que salen ganando en este negoci...

FILM: GIRL RISING

    =    O 25 de Novembro, día internacional para a eliminación da violencia de xénero, o CIM (Centro de Información Muller) de Verín invitounos a ver esta fermosa película documental para vibilizar a realidade doutras nenas no Mundo.  Fumos co alumnado de 4º ESO e foi unha oportunidade para reflexionar da falta de acceso á educación de moitas mulleres noutras partes do Mundo. "Unha muller con coraxe é unha revolución"   é o lema que defende esta organización. Se queres ver o trailer deste documental pulsa sobre esta imaxe.

SEX EDUCATION

 = SEX EDUCATION: UNHA SERIE ORIXINAL DE NETFLIX que pensa abertamente sen pudores e sen tabúes sobre a importancia dunha educación sexual nos centros educativos.  Sex Education  xira en torno á vida de Otis, un adolescente calificado como "bicho raro" no instituto, ao que se lle une o feito de ser virxen. Pola contra, este vive coa súa nai sexóloga, ó que favorece que Otis teña un amplo coñecemento respecto ao tema. Todo cambia cando,  aliándose con Maeve, unha chica intelixente pero con mala fama,  Otis aproveita para mostrar todo o que sabe e mellorar a súa reputación na escola. Así, ambos montan una pseudoclínica onde os e as estudanrtes acuden a pedir consellos sobre os seus problemas. Desde a sororidade, o aborto, o vaxinismo, a identidade sexual, a violencia de xénero, a violencia contra a comunidade LGTTBI ou incluso as prácticas homosexuais son só algúns dos temas que trata a serie nun ambiente dun instituto británico (Moordale). É unha odisea dos e das...

AS CALCULADORAS DE HARVARD

 = AS CALCULADORAS DE HARVARD As  Computadoras de Harvard  foron un grupo de mulleres que realizaron significativos avances na clasificación de datos astronómicos logo de que  Edward Charles Pickering  (director del  Harvard Observatory  desde 1877 hasta 1919) decidira contratar a mulleres para procesar datos de estrelas.    Entre estas mulleres atopábanse Williamina Flemin, Annie Jump Cannon, Henrietta Swan Leavitt e Antonia Maury. A este grupo de mulleres coñeceuselle como as "Conputadoras de Harvard".     Neste enlace poderás saber máis destas mulleres: https://www.xataka.com/historia-tecnologica/calculadoras-harvard-mujeres-que-ampliaron-nuestra-vision-universo-tumbaron-prejuicios-25-centavos-hora