Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Xaneiro, 2022

PROXECTO: VOU SER EU

 =  PROXECTO: "VOU SER EU"   Alicia Paz Martínez, ex-alumna do centro, desenvolveu durante o mes de xaneiro o seu prácticum co alumnado de 4º ESO centrado na igualdade de xénero e no colectivo LGTBI.  “VOU SER EU” é un proxecto que busca chamar a atención dos e das xóvenes que na actualidade se están formando para ser persoas adultas. Búscase fomentar un cambio nas conductas sociais, a través da análise e fundamentación en Liberdade Sexual e Igualdade de Xénero tratando de lograr unha sociedade máis igualitaria que fomente a reflexión crítica e permita modificar as conductas negativas.    Os contidos do proxecto son os seguintes: Conceptuais  • Amosar o significado da Liberdade Sexual e Igualdade de Xénero.  • Diferenza de conceptos chave e uso da linguaxe sexista.  Procedimentais  • Educación en igualdade e liberdade.  • Resolución de conflitos.  • Socialización sa.  Actitudinais  • Respecto á liberdade individual.  • Adquirir conciencia ante Violencia de xéner

AS CALCULADORAS DE HARVARD

 = AS CALCULADORAS DE HARVARD As  Computadoras de Harvard  foron un grupo de mulleres que realizaron significativos avances na clasificación de datos astronómicos logo de que  Edward Charles Pickering  (director del  Harvard Observatory  desde 1877 hasta 1919) decidira contratar a mulleres para procesar datos de estrelas.    Entre estas mulleres atopábanse Williamina Flemin, Annie Jump Cannon, Henrietta Swan Leavitt e Antonia Maury. A este grupo de mulleres coñeceuselle como as "Conputadoras de Harvard".     Neste enlace poderás saber máis destas mulleres: https://www.xataka.com/historia-tecnologica/calculadoras-harvard-mujeres-que-ampliaron-nuestra-vision-universo-tumbaron-prejuicios-25-centavos-hora 

PARA XANEIRO: AXENDA 2022

 =   PARA XANEIRO: AXENDA 2022 DAS IRMÁS CARTONÉ MANUAL PARA O CABAL CULTIVO DAS HORAS, DÍAS, SEMANAS E ESTACIÓNS DO ANO 2022 Outro ano recomendamos a axenda das irmás Cartoné xa ue no pasar do curso, axúdanos a reflexionar no importante que é o cultivo na nosa vida, a importancia de cultivarnos e de cultivar.  sorte na vosa colleita neste 2022!!!!   Irmás Cartoné é unha pequena editora independente creada por Carlos Valdés e Celia Recarey, dous seres con dúas décadas de experiencia mercenaria no sector editorial, e dedicada á tradución ao galego de textos clásicos* da literatura universal