Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Maio, 2020

MARGARITA SALAS

=   Margarita Salas foi unha bioquímica española, que se convertiu nun referente que formou e inspirou a varias xeracións de mulleres investigadoras.   Foi pioneira da bioloxía molecular en España, pioneira en marcharse a EE.UU. para aumentar a súa formación, pioneira como mentora doutras científicas, pioneira en convertir a súa investigación na patente máis rentable na historia do CSIC,...  Esta muller licenciada en Ciencias Químicas, foi discípula de Severo Ochoa con quen traballou en Estados Unidos. Iniciou o desenvolvemento da bioloxía molecular, e desenvolveu o seu traballo no CISC (Consello Superior de Investigacións Científicas) e no Centro de Bioloxía Molecular Severo Ochoa de Madrid. No 2016 convertiuse na PRIMEIRA MULLER en recibir a Medalla Echegaray, outorgada pola Real Academia de Ciencias Exactas, Físicas e Naturais. Insistiu sempre en que as mulleres poden chegar ao máis alto , xa que o reto é romper ese teito de cristal que as paraliza.  Expresou a súa visio

SERIE: "LA MUJER EN LA CIENCIA"

=   SERIE DE ANIMACIÓN: "LA MUJER EN LA CIENCIA"   Co motivo da celebración do Día da Muller e a Nena na Ciencia, comeza este proxecto para dotar á sociedade de novos referentes.   "Una de las limitaciones para que más niñas quieran seguir una carrera científica es la falta de referentes femeninos en estos campos. Con el objetivo de acabar con este hándicap, el Museo de Ciencias Universidad de Navarra presenta el proyecto “La mujer en la ciencia”: una serie de animación que narra, a través de pequeños videos y en un tono divulgativo, la biografía de científicas relevantes en su campo pero que resultan desconocidas para el público general. As ilustracións e a animación do vídeo deste proxecto son do profesor de bioquímica  Iñigo Izal Azcárate  e a narración en voz en off corre a cargo da periodista  Eva Lus   . Tamén colabora nesta serie de animación o grupo  Women for Science and Technology . De momento, as protagonistas destas historias son a microbióloga

O REGGAETON É MACHISTA?

=   O REGGAETON É MACHISTA?       Escoitaches algunha vez dicir que o pop é machista? Ou que o rock ou hard-rock é machista? Non. En cambio se escoitas cancións como " Every breath you take " de The Police, " Run for your life " dos Beatles ou " La mataré " de Loquillo y los trogloditas, pensarías que esas letras o son.    Por iso, cremos que o reggaeton é un xénero musical que che pode gustar máis ou  menos pero non ten que ser machista en sí. Outra cousa é que sí, hai moitas cancións de reggaeton que teñen letras machistas, vídeos que cosifican á muller, incitan á violencia de xénero e ensalzan o rol de poder do home.  Insistimos, temos que ter mirada crítica e ser capaces de ver que hai cancións de reggaeton  con letras machistas que denigran ás mulleres pero non o xénero musical é machista. Por sorte, hai reggaeton que non reproduce esta filosofía. Un exemplo claro o temos no colectivo musical " Tremenda jauría " que fushiona est

PARA MAIO: "LA EVOLUCIÓN DE CALPURNIA TATE"

=  RECOMENDACIÓN PARA MAIO: " LA EVOLUCIÓN DE CALPURNIA TATE "     NESTE MES DE MAIO QUE SEGUIMOS SEN PODER ASISTIR AO CENTRO EDUCATIVO, A NOSA COMPAÑEIRA GUIOMAR VÁZQUEZ NOGUEIRAS, PROFESORA DE BIOLOXÍA-XEOLOXÍA, OFRÉCENOS A SEGUINTE RECOMENDACIÓN PARA A  SECCIÓN "LECTURAS EN FEMININO":   “La evolución de Calpurnia Tate” Calpurnia, Callie Ve, é unha nena de once anos que vive nunha aldea de Texas no ano 1899, nunha familia acomodada. É   a   única moza de sete irmáns, cuxa nai ten para ela preparado un futuro no que tocar o piano, coser e cociñar sexa o único ao que se debe dedicar. Pero ela está máis interesada no que acontece detrás da porta pechada da biblioteca ou no laboratorio do seu avó. Pouco a pouco irase gañando a este señor tan rudo e comezará a colaborar con el nas súas observacións do medio natural, aprenderá quen é Darwin, que son as especies e as subespecies, alén do parvos que se volven os seus irmáns máis vellos cando se namoran.

LETRAS GALEGAS 2020

=   O día das Letras Galegas é un día de exhaltación da lingua de Galicia a través da súa manifestación literaria. Este ano é homenaxeado RICARDO CARVALHO CALERO (1910-1990).   A crise do coronavirus obrigou a aprazar a celebración do Día das Letras Galegas, por iso a Academia das Letras Galegas, nunha medida sen precedentes na institución, apraza a celebración ao mes de Outubro, concretamente a sesión plenaria será o día 31 de Outubro, coincidindo coa conmemoración do nacemento deste intelectual ferrolán. Entre a extensa obra deste autor, queremos salientar esta fermosa poesía con mirada feminista, sacada das súas "Cantigas de amigo e outros poemas" (1980-1985). Calquer lugar é bom para morrer Calquer lugar é bom para morrer. Nom se distingue o home da mulher. A morte é neutra —das Tod— em alemám. Género e sexo nom sempre vam da mam. Pois umha cousa é a anatomia e outra a gramática —falaz dicotomia. Nom vejo a morte feminista ser. Calquer lugar

150 CANCIÓNS PARA A IGUALDADE

=   CANCIÓNS PARA TITORÍA   Esta proposta didáctica presenta unha serie de recursos e materiais relacionados co uso das cancións como ferramenta didáctica para traballar na aula a igualdade de xénero. O Ajuntament de València  ofrece esta recopilación de actividades para traballar a través dunha selección de 150 cancións nas que homes e mulleres reproduciron temáticas como os estereotipos sexistas, as desigualdades das mulleres, a discriminación, a violencia de x énero e machista,... en definitiva, que mostran a realidade que viviron e que seguimos vivindo na actualidade. Inclúe cancións de todas as épocas, de diferentes xéneros  musicais e que se poden traballar nas diferentes etapas educativas. Para acceder á Proposta Didáctica  PREMA NA IMAXE:

HeForShe

=   HeForShe   HerForShe  é unha campaña solidaria creada pola ONU que invita a persoas de tódolos xéneros a demostrar a súa solidariedade coas mulleres e nenas de todo o mundo e para crear un movemento ousado, visible e unido na defensa da igualdade de xénero.    Na páxina oficial de HeForShe un mapa, que utiliza un xeolocalizador para grabar o compromiso global da campaña, conta o número de homes e nenos do mundo que tomaron o compromiso HeForShe. Anímaste? Para o próximo curso 2020-2021desde o centro educativo podemos unirnos a esta campaña e apoiar este movemento que pode cambiar o Mundo xa que a igualdade debe ser unha realidade.                   Podes obter máis información na propia web:    https://www.heforshe.org/es   MOVIMIENTO MUNDIAL DE SOLIDARIDAD DE LAS NACIONES UNIDAS POR LA IGUALDAD DE GÉNERO El mundo está en un punto de inflexión. Personas de todas las procedencias entienden y apoyan la idea de la igualdad de género. Saben que no es sólo

EMMA WATSON

=   Emma Watson   HerForShe é o título do discurso dado pola actriz Emma Watson na sede da ONU en New York no ano 2014 e que fixo reflexionar a moitas persoas sobre a importancia da igualdade de xénero.   Emma Watson explicou o seu camiño ao "feminismo" e fixo un chamamento para involucrar a homes e nenos, como axentes do cambio, na equidade de xénero, discurso que foi moi aplaudido e que tivo unha gran difusión nos medios sociais. Este discurso promove a mellor convivencia entre as persoas, destacando a igualdade de dereitos tanto para o home como para a muller e anima a todos e todas a tomar medidas contra as desigualdades de xénero que viven moitas mulleres e nenas. PARA VER O VÍDEO, PREMA NA IMAXE: Dous anos depois Emma Watson volve emocionar con outro breve discurso sobre todo o que supuxo para ela este fermoso camiño como activista pola igualdade e eloxiou este movemento imparable denominado " feminismo ".                             PARA VE