= Margarita Salas foi unha bioquímica española, que se convertiu nun referente que formou e inspirou a varias xeracións de mulleres investigadoras.
Foi pioneira da bioloxía molecular en España, pioneira en marcharse a EE.UU. para aumentar a súa formación, pioneira como mentora doutras científicas, pioneira en convertir a súa investigación na patente máis rentable na historia do CSIC,...
Esta muller licenciada en Ciencias Químicas, foi discípula de Severo Ochoa con quen traballou en Estados Unidos.
Iniciou o desenvolvemento da bioloxía molecular, e desenvolveu o seu traballo no CISC (Consello Superior de Investigacións Científicas) e no Centro de Bioloxía Molecular Severo Ochoa de Madrid. No 2016 convertiuse na PRIMEIRA MULLER en recibir a Medalla Echegaray, outorgada pola Real Academia de Ciencias Exactas, Físicas e Naturais.
Insistiu sempre en que as mulleres poden chegar ao máis alto, xa que o reto é romper ese teito de cristal que as paraliza.
Expresou a súa vision do mundo e da ciencia en varias entrevistas como na seguinte onde manda unha mensaxe as nenas que queren ser científicas.
No seguinte vídeo, Margarita Salas e María Blasco, as dúas bioquímicas mostran como a súa vocación inspirouse en maestros que cambiaron as súas vidas.
PARA VER O VÍDEO, PREMA NA IMAXE: