Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Xaneiro, 2021

EXPO: EXXPERIMENTA EN FEMININO 2021

 = EXPOSICIÓN: MULLERES NA CIENCIA 2021 O centro educativo organizou nesta primeira semana despois do Nadal unha exposición para visibilizar a muller na ciencia, para porlle nome a todas esas mulleres que contribuiron á evolución da sociedade e do noso benestar. Durante dúas semanas estará no  centro a exposición "Exxperimenta en feminino", impulsada polo profesorado feminino das carreiras STEM do Campus de Ourense da UVIGO e patrocinada pola Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT) e a Universidade de Vigo.  A exposición componse de 14 paneis, que están repartidos por distinta zonas do instituto. Cada un deles mostra as actividades e logros dunha muller científica ou tecnóloga que se pode considerar un referente no campo STEM (Science, Technology, Engineering and Mathematics). O obxectivo principal desta iniciativa  é promover a visibilización das mulleres nas disciplinas científicas e tecnolóxicas, así como servir de referente de nenas e mozas cara a ciencia

PARA XANEIRO: CADERNO DE CAMPO

=   PARA XANEIRO, UNHA AXENDA Desta vez, máis que recomendar un libro, imos recomendar unha axenda. Este ano 2021 irmás Cartoné ofrecen  un Caderno de Campo das mudanzas, mutacións e metamorfoses.   Porque non sabemos o que nos ha traer este 2021, este ano a Axenda Cartoné vén marítima e mutante, para encaixarmos mellor estes tempos que cambian.     Se queredes ver outras edicións doutros anos, podedes facelo na propia paxina web que é unha pequena editora independente dedicada a tradución ao galego de textos clásicos. http://irmascartone.com/