Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Maio, 2021

PARA MAIO: "MAMÁ, QUERO SER ZIGGY STARDUST"

 =   PARA MAIO: "MAMÁ QUERO SER ZIGGY STARDUST"   A recomendación do mes de maio é gracias a presidenta de ARELAS, Cristina Palacios, que o día que veu impartir o obradoiro de  transexualidade, deunos a coñecer este fermoso libro, dunha profesora e escritora galega, Iria Misa. Nesta novela, o protagonista, Aine vive unha difícil batalla persoal, familiar e social na que é moi complicado atopar aliados e aliadas pola incomprensión e a falta de respecto da sociedade ante o que é diferente. Encantoume a introdución de Thomas como narrador e enlace entre o lector/a e Aine. Esta terceira persoa faise moi interesante porque axuda a entender a problemática situación de Aine, e só cando é capaz de recoñecerse a si mesmo é cando Thomas xa non é necesario. Destácase a importancia de autorecoñecernos nesta sociedade que nos dá unhas pautas e comportamentos impostos. Recomendamos este tipo de novelas para os centros educativos galegos. Estas historias deberían ser de lectura obrigatoria

LETRAS GALEGAS 2021

 =   LETRAS GALEGAS 2021. Por fin! Xa tocaba que as mulleres galegas foran representadas nete eido. Depois de tantos anos conmemorando as Letras Galegas, unha data tan importante para a nosa literatura a nivel particular e a nosa cultura e tradición a nivel xeral, tivemos a sorte de que a Academia valorara a unha muller como merecedora deste recoñecemento. No que levamos de Letras Gaelgas é a 5ª muller en recibir tal homenaxe. Despois de Rosalía de Castro (1963), Francisco Herrera Garrido (1987), María Mariño (2007) e Mª Victoria Moreno (2018), este ano 2021, tamén ten voz de muller gracias a XELA ARIAS.   Xela Arias Non é un día, é todo o ano. Aínda máis, en realidade o Día das Letras Galegas é unha fiestra que se abre cara ao futuro. Descuberta e, ao mesmo tempo, reflexión. A figura escollida serve de referencia non só dunha obra individual, a creación literaria ou estética, senón que vén ser asemade crónica ou evocación dun tempo. A academia elixiu unha muller nova para unha Galicia

A BANDA DA LOBA

 =   A BANDA DA LOBA Este grupo está integrado por cinco mulleres que decidiron unir as súas traxectorias individuais para dar voz a esta banda de estilo ecléctico e heteroxéneo que bebe do rock, do pop, do folk,...  A banda da Loba  son:   Andrea Porto Mato (baixo) Estela Rodríguez Carvalho (violín) Inés Mirás (guitarras) Marcela Porto (percusión) Xiana Lastra (voz)                                  Hasme Oír, é o novo traballo de A banda da Loba en homenaxe a Xela Arias que acaba de ver a luz nestas datas. Este traballo tivo a colaboración da Xunta de Galicia, no marco da programación institucional das Letras Galegas 2021. A banda da Loba  musicaliza poemas das figuras máis representativas da nosa cultura.  Hasme Oír, recolle catro cancións, unha por cada poemario de Xela Arias que podedes escoitar nos seguintes vídeos.  Intempériome Darío a diario Denuncia do equilibrio  Tigres coma cabalos

OBRADOIRO TRANSEXUALIDADE

 =   OBRADOIRO DE ARELAS Arelas é unha asociación sen ánimo de lucro formada por familias de nenxs e adolescentes trans.  Desde esta asociación ,  traballan e promover a defensa dos dereitos dxs nenxs e adolescentes trans en todos os ámbitos da vida: educativo, sanitario, xudicial, cultural, deportivo e social. Hoxe, desde a Asociación Arelas viñeron ao centro a impartir dous obradoiros para 2ºESO sobre diversidade afectivo-sexual, transexualidade,... Aprendimos moitos conceptos e deconstruimos moitas ideas mal aprendidas.  Os estudantes non quedaron indiferentes, creou moita polémica, moitas preguntas, moitas cuestións sen entender, situacións que costa aceptar,... e exactamente era a finalidade do obradoiro: ver que hai moito maís que unha perspectiva instaurada desde hai anos en relación a diversidade afectivo-sexual.  Se queredes ver a presentación podedes facelo no seguinte enlace. PULSA NA IMAXE. Gracias Cristina por esta charla tan enriquecedora e necesaria no noso centro educat