= A BANDA DA LOBAEste grupo está integrado por cinco mulleres que decidiron unir as súas traxectorias individuais para dar voz a esta banda de estilo ecléctico e heteroxéneo que bebe do rock, do pop, do folk,...
A banda da Loba son:
Andrea Porto Mato (baixo)
Estela Rodríguez Carvalho (violín)
Inés Mirás (guitarras)
Marcela Porto (percusión)
Xiana Lastra (voz)
Hasme Oír, é o novo traballo de A banda da Loba en homenaxe a Xela Arias que acaba de ver a luz nestas datas. Este traballo tivo a colaboración da Xunta de Galicia, no marco da programación institucional das Letras Galegas 2021.
A banda da Loba musicaliza poemas das figuras máis representativas da nosa cultura.
Hasme Oír, recolle catro cancións, unha por cada poemario de Xela Arias que podedes escoitar nos seguintes vídeos.
- Intempériome
- Darío a diario
- Denuncia do equilibrio
- Tigres coma cabalos