Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Novembro, 2021

CONCENTRACIÓN POLO 25-N

 =   CENTRACIÓN POLO 25-N EN VERÍN O CIM de Verín (Centro de Información á Muller) convidounos, como cada ano, a formar parte da concentración  que se realizou na praza do Concello para denunciar a violencia machista.  O alumnado de 3º ESO coas súas titoras e outro profesorado, asistimos ao acto e tamén formamos parte da lectura do manifesto conxuntamente con outros centros educativos. Este é o manifesto do que nos facemos eco para dencunciar o 25 de Novembro: Día internacional contra a Violencia de xénero. MANIFESTO 25N 1 A violencia machista é unha das maiores vulneracións dos dereitos    das mulleres. Non ten fronteiras, ten lugar en todos os países e sociedades, sen distinción de clases, etnia e grupo de pertenza. Non hai un perfil de vítima de violencia machista, o único factor de risco é ser muller.  Tras case dous anos inmersas nunha pandemia sanitaria que nos obrigou a confinarnos e perder as nosas relacións sociais, prexudicando o noso benestar psicolóxico e emocional, fomos c

CARTEL PARA O 25-N

 =  CARTEL PARA O 25-N Este ano o lema do Concello e da Mancomunidade de Verín é: "Recicla o machismo" En base ao mesmo, o Departamento de Orientación do centro elaborou este cartel para levar o día 25-N á concentración convocada polo CIM.  

ACTIVIDADES POLO 25-N

 =  ACTIVIDADES POLO 25-N Para sensibiizar ao noso alumnado, o profesorado levou a cabo durante o mes de novembro diferentes actividades nas aulas.  En inglés analizáronse canciones e o seu contido. Desde o CIM desenvolveron un obradoiro do machismo a través das novas tecnologías.   En lingua galega analizaron as relacións de parella e os diferenes roles que se poden dar.   O alumnado de 1ºESO-A crearon a porta violeta e traballaron diferentes cancións que tratan sobre a violencia de xénero.       No equipo de dinamización da lingua galega, en inglés e francés fixeron cartelería que fixo que os muros do centro puideran falar.  

OBRADOIRO MULLERES CIENTÍFICAS

=   OBRADOIRO MULLERES CIENTÍFICAS O noso centro, o día 10 de Novembro do 2021, tivo a sorte de ter a FATIMA RODRÍGUEZ PINA desenvolvendo este obradoiro co alumnado de 1º ESO.  Obradoiro centrado na biografía de Isabel Zendal e Ánxeles Alvariño no que, coa realización de varios experimentos científicos, se abordaron conceptos de microbioloxía e inmunoloxía dende un enfoque cómico-teatral. Realizáronse 4 experimentos: 1.Test caseiro de anticorpos 2. Cultivo caseiro de bacterias e estampación de mostras 3. Imprimación dos peixes segundo a técnica Gyotaku 4. Experimento de descomposición das cunchas dos moluscos Iniciativa realizada ao abeiro do Fondo de proxectos culturais en lingua galega Xacobeo 2021-2022.

PARA NOVEMBRO: O LIBRO DOS PORCOS

 =  PARA NOVEMBRO: O LIBRO DOS PORCOS.  O mes de novembro o pide berrando: un libro que mostre a desigualdade de xénero, que sigue en moitos fogares galegos, españois e mundiais.  É un libro infantil escrito por Anthony Browne e editado por primeira vez en 1986 e parece que aínda é moi necesario traballalo.  Foi editado en galego no 2006 e kalandraka sigue reeditando este libro. A partires da lectura deste libro todos podemos facer unha reflexión sobre o significado da igualdade e a diversidade.

PILAR AYMERICH, PREMIO NACIONAL DE FOTOGRAFÍA

 = PILAR AYMERICH, PREMIO NACIONAL DE FOTOGRAFÍA 2021 Agradecemos a Nuria Trigueros, profesora e Xefa do DD de Física e Química  este gran descubrimento.   Pilar Aymerich , unha   fotógrafa que leva coa cámara en man desde os anos 60 e que agora con 78 ve recoñecida toda a súa carreira.   Fotografía comprometida e directa , sen artificios e sempre preto dos acontecementos e persoas que retratou durante máis de 50 anos. Este ano propones   a Pilar Aymerich para ser galardoada co Premio Nacional de Fotografía, correspondente a 2021. O xurado recoñece a Pilar Aymerich por “unha traxectoria no ámbito da fotografía a pé de rúa, que plantexa cuestións importantes na realidade social e política tardofranquista, que ainda hoxe en día son de relevancia”. Aymerich (Barcelona, 1943) estudou na escola de arte dramático e en Londres introduciuse no campo da fotografía. Ampliou despois os seus coñecementos técnicos en París, especializándose máis tarde na reportaxe e no retrato fotográfico. Come zou