= MATRIARCAS, en Lingua de Signos. A profesora de Audición e Linguaxe, Patricia Montesinos, realizou unha montaxe sobre o tema de Guadi Galego "Matriarcas", na que a alumna de 1º ESO, Rubí Suárez Vargas, interpreta esta fermosa canción en linguaxe de signos. Moitas gracias tamén a nosa Intérprete de Lingua de Signos Laura Vila Fernández pola súa colaboración.
O IES Xesús Taboada Chivite de Verín pretende dinamizar a través do Iguala-T o respecto polas diversidades, a igualdade de oportunidades e a equidade no seu sentido máis inclusivo.