Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Xuño, 2021

PARA XUÑO: CUÉNTALO

 =   PARA XUÑO: A NOVELA GRÁFICA "CUÉNTALO"    A recomendación para rematar o curso é unha recomendación chea de dureza pero moi necesaria. Esta novela gráfica trata sobre as agresións sexuais que ás veces as mozas reciben e por vergonza ou por sentirse sinalada, non son capaces de denunciar. "Cuentalo" é a tradución do bestseller "Speak". Corría o ano 1999 cando  Laurie Halse Anderson  pasou a convertirse nunha escritora superventas. A autora publicaba  Speak , unha novela na que relataba a súa tráxica historia. “ La escribí para combatir la depresión y la ansiedad que me perseguían desde que fui violada a los trece años ”, confesaba no prólogo Desde que comeza o seu primeiro ano no instituto Merryweather, Melinda sabe que forma parte dunha gran mentira. Algo sucedeu unha noite do verán anterior que a convertiu nunha marxinada e considérase incapaz de verbalizar o que lle ocorreu. Agora non ten amigos, ninguén quere falar con ela e moito menos escoitala.

PURL, CURTAMETRAXE SOBRE IGUALDADE

 =  PURL, CURTAMETRAXE SOBRE A IGUALDADE. Esta curtametraxe de Pixar reflexiona sobre como somos as mulleres nunha empresa onde só hai homes.  Chámase  Purl  e trata sobre unha bola de lá, como metáfora da muller, que se incorpora a traballar a unha empresa cunha plantilla exclusivamente masculina.  É sinxelo   identificar qué nos está querendo explicar Pixar.  En moitos entornos laborais dominados polos homes,  as mujeres que se queren facer un esparzo acaban por imitar os patróns masculinos.  Mulleres directivas acaban sendo líderes cun estilo igual de agresivo que un home en vez de ser elas mesmas e facerse valer polo que valen. Ademáis de comportarse coma eles tamén acaban vestindo igual e incluso falando igual. é dicir, deixando de ser o que realmente son como muller. Esta  curtametraxe fainos reflexionar sobre esta situación e invítanos a abrazar a diversidade no traballo.  Como lle pasa a Purl,  son as nosas pequenas accións as que conforman cómo é o ambiente nunha empresa e na