Saltar ao contido principal

PARA XUÑO: CUÉNTALO

 =   PARA XUÑO: A NOVELA GRÁFICA "CUÉNTALO"

  

A recomendación para rematar o curso é unha recomendación chea de dureza pero moi necesaria. Esta novela gráfica trata sobre as agresións sexuais que ás veces as mozas reciben e por vergonza ou por sentirse sinalada, non son capaces de denunciar. "Cuentalo" é a tradución do bestseller "Speak".

Corría o ano 1999 cando Laurie Halse Anderson pasou a convertirse nunha escritora superventas. A autora publicaba Speak, unha novela na que relataba a súa tráxica historia. “La escribí para combatir la depresión y la ansiedad que me perseguían desde que fui violada a los trece años”, confesaba no prólogo

Desde que comeza o seu primeiro ano no instituto Merryweather, Melinda sabe que forma parte dunha gran mentira. Algo sucedeu unha noite do verán anterior que a convertiu nunha marxinada e considérase incapaz de verbalizar o que lle ocorreu. Agora non ten amigos, ninguén quere falar con ela e moito menos escoitala. Entón pensa: qué sentido tería falar?

Só as palabras poden salvala. Melinda non pode permanecer en silencio. Xa non.

O título desta novela gráfica, "Cuéntalo", convertiuse en España nunha ferramenta de visibilización e denuncia tras darse a coñecer a sentencia da Manada, na que quedaron libres un grupo de amigos que violaron a unha rapaza durante as festas de San Fermín. Así, multitude de mulleres quesufriron agresión sexual ao longo da súa vida, foron capaces de dar un paso ao fronte e contar as súas historias e os seus medos en primeira persoa.

Publicacións populares deste blog

PARA XUÑO: TEORÍA KING KONG

 =  PARA XUÑO: TEORÍA KING KONG Para rematar o curso recomendamos un libro INCÓMODO . Posiblemente non sexa unha lectura sinxela para adolescentes pero si moi interesante para as persoas adultas xa que di moitas verdades que non queremos escoitar. (Xa sabedes, a xente tende a mirar para outro lado e non posicionarse). Facémonos eco dun post da web laslibreriasrecomiendan.com    “Hoy escuchamos a hombres que se lamentan de que la emancipación femenina les desviriliza. Echan de menos un estado anterior, en el que su fuerza estaba enraizada en la opresión femenina. Olvidan que esta ventaja política que se les había concedido tenía un coste: el cuerpo de las mujeres pertenecía a los hombres; en contrapartida, el cuerpo de los homres pertenecía a la producción, en tiempos de paz, y al Estado, en tiempos de guerra. La confiscación del cuerpo de las mujeres se produce al mismo tiempo que la confiscación del cuerpo de los hombres. Los únicos que salen ganando en este negoci...

PROGRAMA IGUALA-T 20/19

                                                   =    Durante o curso 2019/2020 solicitamos a Acción 3 dos Contratos-Programa:      IGUALA-T    Con esta actuación pretendemos fomentar no centro a igualdade de xénero, a coeducación, a igualdade de oportunidades, a prevención e o tratamento da violencia de xénero, o respecto e tolerancia pola diversidade afectivo-sexual e en definitiva, favorecer a promoción e sensibilización da diversidade como unha riqueza para as sociedades. Esta actuación tamén establece entre os seus obxectivos o de propiciar dinámicas para identificar, analizar e rexeitar situacións de abuso, marxinación e discriminación por razón de xénero na vida cotiá do alumnado e otras realidades, participando, na medida das posibilidades, en iniciativas que busquen cambiar estas situa...

PLAN DE IGUALDADE

   =   PLAN DE IGUALDADE Comezamos o curso 2020/2021 no IES Xesús Taboada Chivite, curso no que temos un Plan de Igualdade recollido dentro do Proxecto Educativo. Esta é a canle oficial para asentar a igualdade como un sinal de identidade do centro. Tal e como recollemos no Plan, pretendemos construir un espazo seguro e libre de violencias machista e promover un cambio social cara un mundo máis igualitario. O Plan de Igualdade é o inicio e o documento que sustenta as accións nesta materia e avía para que toda a comunidade educativa asuma este novo e irrenunciable reto: a igualdade efectiva entre homes e mulleres. Para poder ver o Plan "IgualaT no ChiviT", prema sobre o seguinte texto: PLAN DE IGUALDADE DO CENTRO

A BANDA DA LOBA

 = Colaboración da banda da loba      Gracias a coordinadora do Equipo de Dinamización da Lingua G alega, o noso alumnado tivo a sorte de pasar unha tarde con Inés, compoñente do grupo musical feminino "A banda da loba". O noso alumnado fixo de hipotéticos músicos e músicas e pensaron en temáticas de cancións onde puideron sentir como a través da expresión artística se poden traballar moitos sentimentos, inquedanzas e emocións.     

TESTEMUÑA VIOLENCIA DE XÉNERO

=  CHARLA CON TESTEMUÑA SOBRE VIOLENCIA DE XÉNERO Este curso dentro do Plan Director o alumnado de 1º de Bacharelato tivo unha Charla sobre Violencia de Xénero onde unha testemuña contou todas as violencias que se exerceron sobre ela: violencia física, psicolóxica, de illamento social e tamén os terrores da violencia sexual que nunca curan. María, tivo moito valor para poñerse diante de 50 alumnos/as de Bacharelato e contar en primeira persoa todos os seus sufrimentos. Ela di que o fai porque ela denunciou gracias a que no seu instituto alguén realizou unha charla similar. Invita a DENUNCIAR a todas as rapazas que sufriran ou estén sufrindo algún tipo de violencia. Moitas gracias María poña túa testemuña. No seguinte enlace podes a Guía de actuación ante casos de violencia de xénero no ámbito educativo.