Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Maio, 2022

A BANDA DA LOBA

 = Colaboración da banda da loba      Gracias a coordinadora do Equipo de Dinamización da Lingua G alega, o noso alumnado tivo a sorte de pasar unha tarde con Inés, compoñente do grupo musical feminino "A banda da loba". O noso alumnado fixo de hipotéticos músicos e músicas e pensaron en temáticas de cancións onde puideron sentir como a través da expresión artística se poden traballar moitos sentimentos, inquedanzas e emocións.     

VIDEO-CONFERENCIA CARE SANTOS

 =   VIDEOCONFERENCIA COA ESCRITORA CARE SANTOS       O pasado 3 de maio o alumnado de 2º ESO tivo un pracenteiro encontro virtual con Care Santos, autora de recoñecido prestixio con premios tan importantes como o Nadal, Premios Edebé ou o Barco de Vapor entre outros. Dita actividade foi organizada polo Departamento de Lingua Castelá e Literatura despois de que os estudantes leran e amosaran ao longo do curso o gusto por algúns dos seus libros (“Mentira”, “Verdad”, “Miedo” ou “Ben”).  Resultou un encontro moi agradable, no que Care conectou enseguida cos rapaces e rapazas. A autora desvelou algúns segredos das súas novelas e logo iniciouse un debate interesante e profundo.  As lecturas gustan máis cando quen as cociña ensina algunhas das súas receitas. Grazas a Care Santos e ao noso alumnado, que cubriu con creces as expectativas que sempre depositamos nel. Noraboa!