Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Setembro, 2021

PROXECTO DUNHA EX-ALUMNA

 =  PROXECTO DE IGUALDADE DUNHA EX-ALUMNA Este curso 2021-2022 Alicia Paz Martínez, exalumna do noso centro vai realizar un proxecto de iguadade de xénero co alumnado de 4ºESO. Este proxecto se desenvolve dentro da súa materia:  Practicum I do Grao de Educación Social da USC. Desde o centro sempre é unha boa nova poder colaborar co noso antigo alumnado que tan ben nos fan sentir cando volvemos atoparnos neste caso no eido profesional. Gracias Alicia por querer compartir con nós as túas aprendizaxes e por desenvolver este interesante proxecto co alumnado que actualmente está no centro.  Alicia considera a  sensibilización en igualdade de xénero  fundamental para que as nenas e os nenos crezan nun ambiente sa onde aprendan a escoitar, saiban respectarse, e o máis importante, saiban dicir “non” sen chegar a sentirse culpables. Tal como indicaba Simone de Beauvoir, filósofa, pensadora e novelista francesa, “ La desigualdad no es innata, no es instintiva ni está inscrita en los genes”

PARA SETEMBRO: AMOTE LEO A.

  =  PARA SETEMBRO: A TRILOXÍA DE ROSA ANEIROS "ÁMOTE LEO A."   Nestes tres libros, a autora, Rosa Aneiros, relata as vivenzas de Leo, unha rapaza que vai vivindo e sentindo experiencias desta e outras sociedades, onde se enfronta a moitos plantexamentos persoais e de xénero. A través das vivenzas da súa ruta, mostra que as mulleres poden viaxar polo mundo sen ter a sensación de debilidade ou incluso de medo. Esta muller nova pero indómita anima a ter seguridade en nós. Anima a romper as barreiras que a sociedade, a cultura ou as tradicións nos impoñen desde hai anos. Ti podes! Argumento: Catro amigos e unha gran viaxe. Este era o plan de Leo ao rematar os estudos universitarios. En cambio, todo se esborralla uns meses antes de partir, cando os seus colegas se botan atrás e Leo debe afrontar unha decisión transcendental: desistir ela tamén ou marchar soa. A encrucillada é difícil e as dúbidas afógana, pero a ansia por coñecer mundo pode máis que todos os medos. Por fin, unha

3ª TEMPORADA DE SEX EDUCATION

 =  ESTREA!!!!!  3ª TEMPORADA DE SEX EDUCATION Remata o verán pero por fin chega a nova entrega da Serie "Sex Education" Sex education  é unha serie que non idealiza o sexo e ofrece espazos para reflexionar sobre a importancia da intimidade, o recoñecemento do corpo, a saúde mental, a libertade sexual, os traumas familiares, as adicións, o bullying e o acoso e agresión sexual, tema que se tratou con moita profesionalidade na segunda temporada, enfatizando a importancia da sororidade. Unha que xa ten os seus anos..., tras ver Sex education, pregúntase insistentemente, CÓMO SERÍA A NOSA ADOLESCENCIA CON ESTA SERIE? E que, ademáis de ser emotiva e divertida, ensina e mostra moitos aspectos necesarios da educación sexual que siguen sendo temas-tabú entre o noso alumnado.  Cada unha das súas persoaxes reflexa situacións reais que forman parte do día a día dos adolescentes.  Por iso é tan interesante animalos e animalas a que a vexan, e incluso poder compartir posteriormente un diá

CONTRATO-PROGRAMA IGUALA-T 21/22

= CONTRATO-PROGRAMA IGUALA-T 2021-22 Outro ano máis solitamos este progtrama para seguir na tarefa de fomentar no centro a igualdade de xénero, a coeducación, a igualdade de oportunidades, a prevención e o tratamento da violencia de xénero, o respecto e tolerancia pola diversidade afectivo-sexual e en definitiva, favorecer a promoción e sensibilización da diversidade como unha riqueza para as sociedades.  Se queres ver a Convocatoria dos Contratos-Programa Inclúe 2021-2022, pulsa sobre a imaxe:  Esta actuación tamén establece entre os seus obxectivos o de propiciar dinámicas para identificar, analizar e rexeitar situacións de abuso, marxinación e discriminación por razón de xénero na vida cotiá do alumnado e outras realidades, participando, na medida das posibilidades, en iniciativas que busquen cambiar estas situacións.     O Programa Iguala-T traballarase outra vez cos grupos de 4º ESO. Debemos salientar que de forma directa o alumnado que desenvolverá a maior parte das actuacións é