= ESTREA!!!!! 3ª TEMPORADA DE SEX EDUCATION
Sex education é unha serie que non idealiza o sexo e ofrece espazos para reflexionar sobre a importancia da intimidade, o recoñecemento do corpo, a saúde mental, a libertade sexual, os traumas familiares, as adicións, o bullying e o acoso e agresión sexual, tema que se tratou con moita profesionalidade na segunda temporada, enfatizando a importancia da sororidade.
Unha que xa ten os seus anos..., tras ver Sex education, pregúntase insistentemente, CÓMO SERÍA A NOSA ADOLESCENCIA CON ESTA SERIE? E que, ademáis de ser emotiva e divertida, ensina e mostra moitos aspectos necesarios da educación sexual que siguen sendo temas-tabú entre o noso alumnado. Cada unha das súas persoaxes reflexa situacións reais que forman parte do día a día dos adolescentes. Por iso é tan interesante animalos e animalas a que a vexan, e incluso poder compartir posteriormente un diálogo aberto sobre todos os asuntos tratados: violencia sexual, identidade de xénero, sexualidade e familias diversas.
Pero, cáles son todas esas lecións que poden aprender os adolescentes con esta serie? Nesta 3ª temporada fálase da homosexualidade en países onde é ilegal, móstrase a realidade das persoas de xénero non binario, as secuelas das agresións sexuais, a castración emocional, a drogodependencia, a sexualidade das persoas con diversidade funcional, a maternidade, a aceptación dun mesmo/a entre moitos outros asuntos que sacarán moitos sorrisos entre importantes reflexións. Podes ver o trailer: