Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Novembro, 2020

PARA NOVEMBRO: "SENLLEIRAS"

 RECOMENDACIÓN PARA NOVEMBRO: "SENLLEIRAS" de Antía Yáñez (Ed. GALAXIA) Unha recomendación moi axeitada no mes no que se reinvindica o día contra a Violencia Machista. Unha historia que debe facernos reflexionar da importancia de buscar referentes femininos para empoderar as nosas mozas e da importancia de educar en igualdade dunha forma real e coa implicación de todos e todas! "Mediante a contiguidade de dúas historias que se tocan no tempo, a de Alana e a de Alda. Alana é unha muller do rural, filla de solteira, que logra facerse cunha educación e mesmo propicia que dean flor as laranxeiras que o xardineiro non daba florecido. Tíñao todo para ser unha muller distinta, senlleira, que triunfara, mais no seu camiño crúzase un home. Pola súa parte Alda é unha  influencer  que ten éxito no seu traballo, se é que iso se pode chamar actividade laboral, pero no seu camiño crúzase un home. As súas son dúas historias onde o machismo se fai co control total da vida das dúas mozas

ENQUISA SOBRE IGUALDADE

 =    COLABORACIÓN CO ESTUDO SOBRE IGUALDADE DE XÉNERO O CIM (Centro de Información da Muller) de Verín, a Universidade de Vigo e a Mancomunidade de Verín están a facer un estudo diagnóstico da violencia de xénero desde a perspectiva dos e das adolescentes. Mª Victoria Carrera Fernández, doutora en CC. da Educación e profesora na Universidade de Vigo é a investigadora principal deste proxecto en colaboración co CIM de Verín, servizo que presta atención aos 7 concellos da Comarca para ofrecer atención social, psicolóxica, legal e orientación laboral no apoio integral ás mulleres e menores que están a sufrir a violencia, sobre todo a violencia de xénero. O noso centro educativo colabora con este estudo para favorecer este diagnóstico e pode actuar en base ás necesidades reais da comarca. O alumnado de 3º e 4º ESO, así como o alumnado de 1º e 2º Bach, realizou de forma ANONIMA este cuestionario que versa sobre a percepción que ten a mocidade sobre a violencia, prestando unha atención espe

UNHA SUPERAVOA

 =  ISABEL ALONSO PARDO, UNHA SUPERAVOA    O artista Joseba Muruzabal retrata nunha enorme parede de Verín a esta muller da comarca, como leva facendo con outras mulleres galegas incansables, loitadoras, ... ás que el chama SUPERAVOAS. Isabel Alonso Pardo, nacida en Oímbra,  de 88 anos é unha muller que desde moi pequena tivo que traballar para poder sacar a súa familia adiante e foi a primeira vitivinicultora inscrita na denominación de orixe Monterrei. P      Unha gran iniciativa que ten a nosa admiración. Podedes ver outras obras deste artista diferente, que sen centrarse en ideas comerciais, consegue que a súa obra chegue á poboación con grandes doses de IGUALDADE.    

DÍA DA CIENCIA EN GALEGO 2020

 =    SONIA VILLAPOL SALGADO Hoxe, día 16 de novembro, o alumnado de 1º de bacharelato, que cursa Anatomía Aplicada, puido asistir á videoconferencia da neurocientífica lucense Sonia Villapol Salgado, investigadora do Texas Medical Center (Houston, EEUU), organizada por Igaciencia en colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística e na que participaron outros oito centros galegos. Un bo xeito de conmemorar o XI Día da Ciencia en Galego " Só a ciencia nos rescatará da pandemia é un webinario emitido con motivo do Mes da Ciencia en Galego. Nesta ocasión a investigadora galega Sonia Villapol disertará sobre o enfoque científico dos conceptos básicos da COVID-19, como se transmite, efectos, tratamentos e vacinas. Pulsade no seguinte enlace para poder visualizalo.

ACTIVIDADE 25-N

     =  25 DE NOVEMBRO: DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO Neste curso 2020/2021 facemos a seguinte proposta desde o Departamento de Orientación a iniciativa do Equipo da Biblioteca para conmemorar un día tan importante no avance da sociedade.  Podedes ver a Actividade (pdf) plantexada no seguinte enlace: Por unha parte engadimos os vídeos da Campaña do Ministerio (2017)  "Encuentra el amor verdadero" protagonizados por adolescentes en situacións moi cotiás onde o alumnado se pode ver reflexado/a. con eles pretendemos unha reflexión crítica de condutas que, ás veces, temos normalizadas. Por outra parte, e baseándonos na Campaña #eunonsoncomplice da Junta de Andalucía (2015) facemos unha proposta de repulsa, implicación e denuncia ante esta lacra que é a violencia de xénero desde un punto de vista amplo abarcando a todas e cada unha das diversas formas de violencia machista.