= SONIA VILLAPOL SALGADO
Hoxe, día 16 de novembro, o alumnado de 1º de bacharelato, que cursa Anatomía Aplicada, puido asistir á videoconferencia da neurocientífica lucense Sonia Villapol Salgado, investigadora do Texas Medical Center (Houston, EEUU), organizada por Igaciencia en colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística e na que participaron outros oito centros galegos.Un bo xeito de conmemorar o XI Día da Ciencia en Galego"
Só a ciencia nos rescatará da pandemia é un webinario emitido con motivo do Mes da Ciencia en Galego. Nesta ocasión a investigadora galega Sonia Villapol disertará sobre o enfoque científico dos conceptos básicos da COVID-19, como se transmite, efectos, tratamentos e vacinas.
Pulsade no seguinte enlace para poder visualizalo.