Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Abril, 2020

ELISA E MARCELA

=   "Elisa e Marcela"  É unha película española dirixida pola Directora Isabel Coixet no ano 2019 e  interpretada por dúas  actrices Natalia de Molina e Greta Fernández.  Conta a Historia de dúas mulleres Elisa Sánchez Loriga e Marcela Gracia Ibeas que casaron en 1901, sendo o primeiro matrimonio homosexual rexistrado en España. O que comeza cunha relación de amizade remata nunha relación amorosa que teñen que vivir a escondidas, debido á presión social da época. Con esta película dase voz a tantas mulleres olvidadas que loitaron por un mundo máis igualitario e equitativo. É unha historia de mulleres valerosas que loitaron polo seu dereito a amar en libertade. A película é unha obra íntima, sinxela e feita con delicadeza e moita sensibilidade, aínda que non todas as criticas cinematográficas opinan do mesmo xeito. Ademáis esta película foi rodada en Galicia, xa que as protagonistas eran de A Coruña e exerceron de mestras en vilas da Costa da Morte. Tamén foi

RUN LIKE A GIRL

=    Run like a girl   Neste vídeo da campaña Always conflúen varias reflexións importantes, como: que é correr como unha nena? é algo bo?, é unha burla? que clichés saen desta frase tan usada " como unha nena " ou " como unha muller "?     Este tipo de frases o único que consiguen é minguar a confianza das nenas, principalmente na adolescencia. Foi unha frase usada, na maior parte das veces, con sentido negativo, polo que o seu impacto afecta indudablemente na autoestima das nenas, mozas e mulleres. Para ver o Vídeo: PREME NA SEGUINTE IMAXE:   O que o vídeo pretende amosar é que correr COMO UNHA NENA é correr tan rápido como poidas. FACER COUSAS COMO O QUE SOMOS; NUNCA DEBE SER ALGO NEGATIVO. CONSELLO: 

HISTORIA DO FEMINISMO

=    HISTORIA DO FEMINISMO    Sempre é bo saber un pouco máis. Por iso, damos a coñecer este vídeo que ofrece de forma breve e amena a historia do feminismo en 10 minutos.   A través do mesmo plantéxase un interesante debate sobre a conquista dos dereitos por parte das mulleres ao longo da Historia. Agardamos que vos guste e que aprendades moito!! Para quen queira seguir reflexionando sobre esta situación, sobre a economía de coidado, a exclusión da muller,... En definitiva, se queredes buscar respostas ao motivo da invisibilidade da muller durante séculos, podedes ver este vídeo que aporta máis ideas: (PULSA NA IMAXE)

LIBROS E LECTURAS POLA IGUALDADE

=   Lecturas en Igualdade   A biblioteca do centro ofrece unha sección de Lecturas en Igualdade onde podemos atopar grandes libros de mulleres, sobre mulleres, pola igualdade e o respecto á diversidade. Este curso, coa dotación da Consellería de Educación aos centros educativos en materia de igualdade, mercáronse varios libros que aumentou a dotación bibliográfica do centro. Aquí tedes algúns exemplos que podedes atopar na Biblioteca do Instituto Xesús Taboada Chivite. Mostramos algunha outra recomendación que non temos no centro, pero que agardamos, en breve, poder incorporar á base bibliográfica da Biblioteca.

PARA ABRIL: "DIARIO DE ZLATA"

    =     A RECOMENDACIÓN DO MES DE ABRIL NA NOSA SECCIÓN "LECTURAS EN FEMININO" É A SEGUINTE: Fabio Álvarez Castro, o noso orientador neste curso 2019/20, regálanos a súa proposta, moi relacionada cos tempos de confinamento nos que vivimos. Zlata Filipović relata neste libro a súa historia durante a guerra de Iugoslavia, de 1991 a 1993. Nese lapso de tempo, sendo ela unha nena de 10-12 años, vivía nunha céntrica rúa de Saraxevo, en Bosnia-Herzegovina. Debido ao risco de resultar danada pola violencia do conflito bélico, que chegaba ás mesmas portas do seu edificio, non podía saír da casa baixo ningún concepto. Plasmou as súas vivenzas e sentimentos a través de Mimmy , o seu diario persoal, co que se sincera totalmente. No escrito confesa que só quería marchar de Saraxevo para “ vivir unha vida normal ”. O libro foi un gran boom no momento da súa publicación, 2003, xa que relata sucesos nun país aparentemente pacífico que, sen embargo, foi sa

FILMOTECA VIOLETA

   =    A biblioteca do centro aposta por ofrecer unha mostra de películas que se basean na igualdade e que amosan realidades diversas. Este curso, coa dotación da Consellería de Educación aos centros educativos en materia de igualdade, mercamos algunhas películas para que a nosa comunidade educativa poida disfrutar. Aquí tedes algúns exemplos que podedes atopar na Biblioteca do Instituto Xesús Taboada Chivite.        Outras recomendacións que aínda non temos no centro pero agardamos ter en breve. Arriba o cine que aposta pola diversidade!

UN CENTRO EN IGUALDADE

 =    UN CENTRO EN IGUALDADE  O noso centro está moi concienciado nesta temática xa que consideramos que a igualdade desde unha perspectiva ampla é unha responsabilidade e unha oportunidade que debemos asumir e aproveitar.  Pouco a pouco queremos promover no centro un ambiente igualitario, intercultural e inclusivo. O Departamento de Orientación intenta ofrecer unha imaxe feminista en prol da igualdade e do respecto ás diversidades. Por outra banda, temos varias ideas para darlle unha nova cara ao centro. Pensamos nun cambio dos cartéis dos baños, gustaríanos eliminar os típicos carteis estereotipados dos baños femininos e masculinos ou poñer carteis polo centro que promovan a igualdade.  Algunhas propostas valoradas son as seguintes: