= ISABEL ALONSO PARDO, UNHA SUPERAVOA
O artista Joseba Muruzabal retrata nunha enorme parede de Verín a esta muller da comarca, como leva facendo con outras mulleres galegas incansables, loitadoras, ... ás que el chama SUPERAVOAS.
Isabel Alonso Pardo, nacida en Oímbra, de 88 anos é unha muller que desde moi pequena tivo que traballar para poder sacar a súa familia adiante e foi a primeira vitivinicultora inscrita na denominación de orixe Monterrei. P
Unha gran iniciativa que ten a nosa admiración. Podedes ver outras obras deste artista diferente, que sen centrarse en ideas comerciais, consegue que a súa obra chegue á poboación con grandes doses de IGUALDADE.