Saltar ao contido principal

PARA NOVEMBRO: "SENLLEIRAS"

 RECOMENDACIÓN PARA NOVEMBRO: "SENLLEIRAS" de Antía Yáñez (Ed. GALAXIA)

Unha recomendación moi axeitada no mes no que se reinvindica o día contra a Violencia Machista. Unha historia que debe facernos reflexionar da importancia de buscar referentes femininos para empoderar as nosas mozas e da importancia de educar en igualdade dunha forma real e coa implicación de todos e todas!

"Mediante a contiguidade de dúas historias que se tocan no tempo, a de Alana e a de Alda. Alana é unha muller do rural, filla de solteira, que logra facerse cunha educación e mesmo propicia que dean flor as laranxeiras que o xardineiro non daba florecido. Tíñao todo para ser unha muller distinta, senlleira, que triunfara, mais no seu camiño crúzase un home. Pola súa parte Alda é unha influencer que ten éxito no seu traballo, se é que iso se pode chamar actividade laboral, pero no seu camiño crúzase un home.

As súas son dúas historias onde o machismo se fai co control total da vida das dúas mozas. Coas diferenzas que marca o tempo, tanto Alana como Alda se ven subxugadas ao parecer masculino, pois tanto unha como a outra ven interrompido o seu progreso como persoas polas imposicións masculinas, dos seus homes. No caso de Alana mesmo hai maltrato físico, no de Alda non, mais a súa anulación como persoa é total tamén. A autora vai ensarillando ben as dúas historias, alternándoas, deica que conflúen nun discurso reivindicativo que expón os métodos do machismo, a principios do século pasado e hoxe en día, á hora de someter as mulleres, á hora de anulalas como suxeitos sociais individuais. Sen necesitar compoñer un alegato feminista ao caso. Abóndalle con ser realista para lograr un discurso absolutamente críbel."

Unha novela para non deixar de ler e, sobre todo, ter en conta como aviso do que aínda resta na loita contra o machismo. ASDO.: Xosé M. Eyré

Fonte: ferradura.blog

Publicacións populares deste blog

LETRAS GALEGAS 2020

=   O día das Letras Galegas é un día de exhaltación da lingua de Galicia a través da súa manifestación literaria. Este ano é homenaxeado RICARDO CARVALHO CALERO (1910-1990).   A crise do coronavirus obrigou a aprazar a celebración do Día das Letras Galegas, por iso a Academia das Letras Galegas, nunha medida sen precedentes na institución, apraza a celebración ao mes de Outubro, concretamente a sesión plenaria será o día 31 de Outubro, coincidindo coa conmemoración do nacemento deste intelectual ferrolán. Entre a extensa obra deste autor, queremos salientar esta fermosa poesía con mirada feminista, sacada das súas "Cantigas de amigo e outros poemas" (1980-1985). Calquer lugar é bom para morrer Calquer lugar é bom para morrer. Nom se distingue o home da mulher. A morte é neutra —das Tod— em alemám. Género e sexo nom sempre vam da mam. Pois umha cousa é a anatomia e outra a gramática —falaz dicotomia. Nom vejo a morte feminista ser. Calquer l...

V CONCURSO DE DEBUXO E REDACCIÓN UVigo

  =    V Concurso Escolar de Creación Artística do Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia Este concurso está aberto á participación de alumnado de Primaria e ESO da provincia de Ourense. A iniciativa enmárcase dentro das accións que cada curso académico organizan a Facultade de Ciencias, a Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo e a Escola Superior de Enxeñaría Informática do campus de Ourense co gallo da celebración o día 11 de febreiro do Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia. Outro ano máis o noso centro participa nesta iniciativa e outro ano máis recoñeceselle o traballo a unha das nosas estudantes. O curso pasado Sabela Rúa levaba esta gran sorpresa co seu relato sobre a súa avoa e este ano o recibe outra alumna cun relato sobre Rosalind Franklin.                                    A alumna de 3º ESO B, Omaima Limane Limane, foi galardoada co segundo prem...

ENQUISA SOBRE IGUALDADE

 =    COLABORACIÓN CO ESTUDO SOBRE IGUALDADE DE XÉNERO O CIM (Centro de Información da Muller) de Verín, a Universidade de Vigo e a Mancomunidade de Verín están a facer un estudo diagnóstico da violencia de xénero desde a perspectiva dos e das adolescentes. Mª Victoria Carrera Fernández, doutora en CC. da Educación e profesora na Universidade de Vigo é a investigadora principal deste proxecto en colaboración co CIM de Verín, servizo que presta atención aos 7 concellos da Comarca para ofrecer atención social, psicolóxica, legal e orientación laboral no apoio integral ás mulleres e menores que están a sufrir a violencia, sobre todo a violencia de xénero. O noso centro educativo colabora con este estudo para favorecer este diagnóstico e pode actuar en base ás necesidades reais da comarca. O alumnado de 3º e 4º ESO, así como o alumnado de 1º e 2º Bach, realizou de forma ANONIMA este cuestionario que versa sobre a percepción que ten a mocidade sobre a violencia, prestando unha...

PARA ABRIL: I AM JAZZ

 =   PARA ABRIL: "I AM JAZZ" Debido a que onte foi o día internacional da visibilidade Trans, consideramos oportuno recomendar esta lectura infantil para que desde a nosa infancia comprendamos que esta situación é natural na nosa sociedade. “Desde que tiña 2 anos, Jazz soupo que tiña o cerebro dunha nena no corpo dun neno” : Esta é a descripción do libro infantil titulado  I am Jazz .  Esta publicación conta a historia real de Jazz Jennings, unha famosa nena transxénero. “Amaba a cor rosa e vestirse como se rea, e nunca se sentiu ben vestida coma un neno. Esta situación confundiu a súa familia, ata que a levaron cun bo doutor que lles dixo que Jazz era transxénero”.  O obxectivo da novela é informar a todos e todas as peques sobre a vida das persoas trans para fomentar a tolerancia e a aceptación desde moi cativos. Actualmente Jazz Jennings    é unha famosa   estadounidense de Youtube, TV     e  activista polos dereito LGTBI. A...

PILAR AYMERICH, PREMIO NACIONAL DE FOTOGRAFÍA

 = PILAR AYMERICH, PREMIO NACIONAL DE FOTOGRAFÍA 2021 Agradecemos a Nuria Trigueros, profesora e Xefa do DD de Física e Química  este gran descubrimento.   Pilar Aymerich , unha   fotógrafa que leva coa cámara en man desde os anos 60 e que agora con 78 ve recoñecida toda a súa carreira.   Fotografía comprometida e directa , sen artificios e sempre preto dos acontecementos e persoas que retratou durante máis de 50 anos. Este ano propones   a Pilar Aymerich para ser galardoada co Premio Nacional de Fotografía, correspondente a 2021. O xurado recoñece a Pilar Aymerich por “unha traxectoria no ámbito da fotografía a pé de rúa, que plantexa cuestións importantes na realidade social e política tardofranquista, que ainda hoxe en día son de relevancia”. Aymerich (Barcelona, 1943) estudou na escola de arte dramático e en Londres introduciuse no campo da fotografía. Ampliou despois os seus coñecementos técnicos en París, especializándose máis tarde na ...