= CONTRATO-PROGRAMA IGUALA-T 2021-22
Outro ano máis solitamos este progtrama para seguir na tarefa de fomentar no centro a igualdade de xénero, a coeducación, a igualdade de oportunidades, a prevención e o tratamento da violencia de xénero, o respecto e tolerancia pola diversidade afectivo-sexual e en definitiva, favorecer a promoción e sensibilización da diversidade como unha riqueza para as sociedades.
Se queres ver a Convocatoria dos Contratos-Programa Inclúe 2021-2022, pulsa sobre a imaxe:
Esta actuación tamén establece entre os seus obxectivos o de propiciar dinámicas para identificar, analizar e rexeitar situacións de abuso, marxinación e discriminación por razón de xénero na vida cotiá do alumnado e outras realidades, participando, na medida das posibilidades, en iniciativas que busquen cambiar estas situacións.
O Programa Iguala-T traballarase outra vez cos grupos de 4º ESO. Debemos salientar que de forma directa o alumnado que desenvolverá a maior parte das actuacións é de 4ºESO pero de forma indirecta todo o centro educativo verase enriquecido por estas actuacións gracias á difusión e colaboración entre cursos e docentes.
PROGRAMA IGUAL-T 2021-2022