Saltar ao contido principal

CONCENTRACIÓN POLO 25-N

 =   CENTRACIÓN POLO 25-N EN VERÍN


O CIM de Verín (Centro de Información á Muller) convidounos, como cada ano, a formar parte da concentración  que se realizou na praza do Concello para denunciar a violencia machista. 

O alumnado de 3º ESO coas súas titoras e outro profesorado, asistimos ao acto e tamén formamos parte da lectura do manifesto conxuntamente con outros centros educativos.

Este é o manifesto do que nos facemos eco para dencunciar o 25 de Novembro: Día internacional contra a Violencia de xénero.

MANIFESTO 25N

1

A violencia machista é unha das maiores vulneracións dos dereitos  das mulleres. Non ten fronteiras, ten lugar en todos os países e sociedades, sen distinción de clases, etnia e grupo de pertenza. Non hai un perfil de vítima de violencia machista, o único factor de risco é ser muller. 

Tras case dous anos inmersas nunha pandemia sanitaria que nos obrigou a confinarnos e perder as nosas relacións sociais, prexudicando o noso benestar psicolóxico e emocional, fomos conscientes do que é vivir con medo, ansiedade, angustia, incertidume e falta de liberdade. Esta é a realidade que sofren moitas mulleres e as súas fillas e fillos a día de hoxe, e moi probablemente preto de ti. 

Sen ir máis lonxe, na Comarca de Verín existen 45 ordes de afastamento en activo e 78 mulleres vítimas de violencia machista que reciben axuda psicolóxica.   

2

A pesar destas cifras tan impactantes, a realidade da violencia machista vai máis alá. Esta violencia tamén se manifesta noutros ámbitos, como é o caso da prostitución e da trata. Este problema é moi palpable na nosa comarca pois concentra o 60% dos clubes de alterne de toda a provincia. Isto é só a punta do iceberg xa que durante a pandemia afloraron numerosos casos de mulleres que estaban sendo prostituídas en pisos, algunhas nunhas condicións infrahumanas.

As entidades sociais que nos adicamos a este ámbito constatamos un preocupante aumento de casos de violencia machista en menores de idade o que nos fai reflexionar sobre a necesidade da prevención. Esta labor comeza na familia e esténdese aos centros educativos e a sociedade en xeral. Do mesmo xeito que somos capaces  de adaptarnos a esta nova normalidade sanitaria debemos tomar conciencia da necesidade de traballar todas as persoas de maneira conxunta contra a lacra da violencia machista, ¡¡¡CONSERVAR O PARITORIO FOI O NOSO PRIMEIRO LOGRO, UNÁMONOS DO MESMO MODO PARA LOITAR CONTRA O MACHISMO!!! 

3

O primeiro paso é ter as ferramentas necesarias para identificar os diferentes tipos de violencia, pois non todas son tan evidentes coma a física:

-       Se te insultan, ameazan ou coartan a túa liberdade é violencia psicolóxica.

-       Se che controlan o diñeiro, é violencia económica.

-       Os discursos de odio nas redes e nos medios é violencia estrutural.

-       Se destrúe a túa autoestima é violencia emocional.

-       Se te sentes forzada, aínda que sexa a túa parella, é violencia sexual.

-       Se emprega os teus fillos para facerche dano, é violencia vicaria.

-       Se non che permiten decidir sobre as condicións do teu parto ou aborto, é violencia obstétrica. 

Non podemos rematar sen visibilizar a situación que están a vivir moitas mulleres no medio rural, derivada da “Lei do silencio” e a ocultación das situacións de violencia, que continúa véndose como asuntos do ámbito privado, cando facelo público é a única solución. 

4

Dende as entidades sociais da Comarca queremos mostrar todo o noso apoio ás mulleres  que poidan atoparse nalgunha das situacións descritas con anterioridade e que, todas elas, saiban que as nosas portas están abertas para apoialas e acompañalas, así como as súas familias e amizades que de seguro estarán aí para tenderlles unha man e axudarlles a recuperar as rendas das súas vidas. 

Manifestamos, polo tanto, o noso compromiso coa:

-       Igualdade de dereitos e oportunidades

-       Unidade de tódolos axentes implicados e da sociedade contra esta lacra social

-       Prevención e educación dentro do sistema educativo que axude a tomar conciencia desta problemática dende idades temperás

-       Tolerancia cero coa violencia machista e condena unánime contra os agresores

-       Corresponsabilidade de todos e cada un dos individuos que compoñen a sociedade, asumindo a nosa parte nesta situación

-       A formación das persoas profesionais que traballamos neste ámbito

-       Protección á infancia. A violencia machista afecta de xeito moi cruel tamén aos menores deixando secuelas físicas e psicolóxicas e incluso acabando coa súa propia vida. Neste 2021 cinco nenos e nenas foron asasinados por causa da violencia machista e 24 orfos e orfas pola mesma causa.

-       Recordo ás 1118 mulleres asasinadas dende 2003 e ás 37 do 2021:

Laura, Conchi, Alicia, Mari Carmen, María, Jordina, Paula, Pilar, Maria Soledad, Warda, Betty, Lucía, María Teresa, Katia, Nicoleta, Alla, Katherine, Rocío, Alicia, Consuelo, África, Hasna, Joana, Mari Ángeles, Inmaculada, Luisa, Amal, Antonella, Pamela, Oksna, Carmen, Maria Pilar, Zuita, Mónica, Erika, María Isabel.

Non oficiais: Elena, Wafaa, Dary, Luz, Manuela, Maija, dúas mulleres sen rexistro. 

Para todas elas adicamos o seguinte minuto de silencio.


 


Publicacións populares deste blog

V CONCURSO DE DEBUXO E REDACCIÓN UVigo

  =    V Concurso Escolar de Creación Artística do Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia Este concurso está aberto á participación de alumnado de Primaria e ESO da provincia de Ourense. A iniciativa enmárcase dentro das accións que cada curso académico organizan a Facultade de Ciencias, a Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo e a Escola Superior de Enxeñaría Informática do campus de Ourense co gallo da celebración o día 11 de febreiro do Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia. Outro ano máis o noso centro participa nesta iniciativa e outro ano máis recoñeceselle o traballo a unha das nosas estudantes. O curso pasado Sabela Rúa levaba esta gran sorpresa co seu relato sobre a súa avoa e este ano o recibe outra alumna cun relato sobre Rosalind Franklin.                                    A alumna de 3º ESO B, Omaima Limane Limane, foi galardoada co segundo prem...

LETRAS GALEGAS 2020

=   O día das Letras Galegas é un día de exhaltación da lingua de Galicia a través da súa manifestación literaria. Este ano é homenaxeado RICARDO CARVALHO CALERO (1910-1990).   A crise do coronavirus obrigou a aprazar a celebración do Día das Letras Galegas, por iso a Academia das Letras Galegas, nunha medida sen precedentes na institución, apraza a celebración ao mes de Outubro, concretamente a sesión plenaria será o día 31 de Outubro, coincidindo coa conmemoración do nacemento deste intelectual ferrolán. Entre a extensa obra deste autor, queremos salientar esta fermosa poesía con mirada feminista, sacada das súas "Cantigas de amigo e outros poemas" (1980-1985). Calquer lugar é bom para morrer Calquer lugar é bom para morrer. Nom se distingue o home da mulher. A morte é neutra —das Tod— em alemám. Género e sexo nom sempre vam da mam. Pois umha cousa é a anatomia e outra a gramática —falaz dicotomia. Nom vejo a morte feminista ser. Calquer l...

ENQUISA SOBRE IGUALDADE

 =    COLABORACIÓN CO ESTUDO SOBRE IGUALDADE DE XÉNERO O CIM (Centro de Información da Muller) de Verín, a Universidade de Vigo e a Mancomunidade de Verín están a facer un estudo diagnóstico da violencia de xénero desde a perspectiva dos e das adolescentes. Mª Victoria Carrera Fernández, doutora en CC. da Educación e profesora na Universidade de Vigo é a investigadora principal deste proxecto en colaboración co CIM de Verín, servizo que presta atención aos 7 concellos da Comarca para ofrecer atención social, psicolóxica, legal e orientación laboral no apoio integral ás mulleres e menores que están a sufrir a violencia, sobre todo a violencia de xénero. O noso centro educativo colabora con este estudo para favorecer este diagnóstico e pode actuar en base ás necesidades reais da comarca. O alumnado de 3º e 4º ESO, así como o alumnado de 1º e 2º Bach, realizou de forma ANONIMA este cuestionario que versa sobre a percepción que ten a mocidade sobre a violencia, prestando unha...

PARA ABRIL: I AM JAZZ

 =   PARA ABRIL: "I AM JAZZ" Debido a que onte foi o día internacional da visibilidade Trans, consideramos oportuno recomendar esta lectura infantil para que desde a nosa infancia comprendamos que esta situación é natural na nosa sociedade. “Desde que tiña 2 anos, Jazz soupo que tiña o cerebro dunha nena no corpo dun neno” : Esta é a descripción do libro infantil titulado  I am Jazz .  Esta publicación conta a historia real de Jazz Jennings, unha famosa nena transxénero. “Amaba a cor rosa e vestirse como se rea, e nunca se sentiu ben vestida coma un neno. Esta situación confundiu a súa familia, ata que a levaron cun bo doutor que lles dixo que Jazz era transxénero”.  O obxectivo da novela é informar a todos e todas as peques sobre a vida das persoas trans para fomentar a tolerancia e a aceptación desde moi cativos. Actualmente Jazz Jennings    é unha famosa   estadounidense de Youtube, TV     e  activista polos dereito LGTBI. A...

PILAR AYMERICH, PREMIO NACIONAL DE FOTOGRAFÍA

 = PILAR AYMERICH, PREMIO NACIONAL DE FOTOGRAFÍA 2021 Agradecemos a Nuria Trigueros, profesora e Xefa do DD de Física e Química  este gran descubrimento.   Pilar Aymerich , unha   fotógrafa que leva coa cámara en man desde os anos 60 e que agora con 78 ve recoñecida toda a súa carreira.   Fotografía comprometida e directa , sen artificios e sempre preto dos acontecementos e persoas que retratou durante máis de 50 anos. Este ano propones   a Pilar Aymerich para ser galardoada co Premio Nacional de Fotografía, correspondente a 2021. O xurado recoñece a Pilar Aymerich por “unha traxectoria no ámbito da fotografía a pé de rúa, que plantexa cuestións importantes na realidade social e política tardofranquista, que ainda hoxe en día son de relevancia”. Aymerich (Barcelona, 1943) estudou na escola de arte dramático e en Londres introduciuse no campo da fotografía. Ampliou despois os seus coñecementos técnicos en París, especializándose máis tarde na ...