Saltar ao contido principal

PILAR AYMERICH, PREMIO NACIONAL DE FOTOGRAFÍA

 = PILAR AYMERICH, PREMIO NACIONAL DE FOTOGRAFÍA 2021


Agradecemos a Nuria Trigueros, profesora e Xefa do DD de Física e Química  este gran descubrimento.  Pilar Aymerich, unha  fotógrafa que leva coa cámara en man desde os anos 60 e que agora con 78 ve recoñecida toda a súa carreira.  Fotografía comprometida e directa, sen artificios e sempre preto dos acontecementos e persoas que retratou durante máis de 50 anos. Este ano propones  a Pilar Aymerich para ser galardoada co Premio Nacional de Fotografía, correspondente a 2021.

O xurado recoñece a Pilar Aymerich por “unha traxectoria no ámbito da fotografía a pé de rúa, que plantexa cuestións importantes na realidade social e política tardofranquista, que ainda hoxe en día son de relevancia”.

Aymerich (Barcelona, 1943) estudou na escola de arte dramático e en Londres introduciuse no campo da fotografía. Ampliou despois os seus coñecementos técnicos en París, especializándose máis tarde na reportaxe e no retrato fotográfico. Comezou a súa carreira profesional en 1968 en Barcelona colaborando coa axencia CIS nunha época onde existía a censura. A súa tarefa como fotógrafa de rúa acada maior presencia a partir de 1975.

O seu traballo gráfico foi aparecendo ao longo dos anos en diversas publicacións periódicas como Triunfo, Destino, Cambio 16, El País, Fotogramas ou Qué Leer.

Parte da súa obra fotográfica foi adquirida polo Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía en 2018. Na súa propia páxina web podese observar a calidade e profesionalidade da súa obra. PREMA NA IMAXE:


Pilar Aymerich incorpora á súa propia praxis os plantexamentos e reflexións feministas, algo realmente inusitado no panorama daqueles anos en España.


Selección de fotografías:

https://elpais.com/elpais/2021/10/22/album/1634917711_489733.html#foto_gal_1

Podcast de RNE1, con entrevista a Pilar Aymerich:

https://podcasts.apple.com/us/podcast/desayunando-con-pilar-aymerich-premio-nacional-de/id282310581?i=1000540270643

Publicacións populares deste blog

PARA XUÑO: TEORÍA KING KONG

 =  PARA XUÑO: TEORÍA KING KONG Para rematar o curso recomendamos un libro INCÓMODO . Posiblemente non sexa unha lectura sinxela para adolescentes pero si moi interesante para as persoas adultas xa que di moitas verdades que non queremos escoitar. (Xa sabedes, a xente tende a mirar para outro lado e non posicionarse). Facémonos eco dun post da web laslibreriasrecomiendan.com    “Hoy escuchamos a hombres que se lamentan de que la emancipación femenina les desviriliza. Echan de menos un estado anterior, en el que su fuerza estaba enraizada en la opresión femenina. Olvidan que esta ventaja política que se les había concedido tenía un coste: el cuerpo de las mujeres pertenecía a los hombres; en contrapartida, el cuerpo de los homres pertenecía a la producción, en tiempos de paz, y al Estado, en tiempos de guerra. La confiscación del cuerpo de las mujeres se produce al mismo tiempo que la confiscación del cuerpo de los hombres. Los únicos que salen ganando en este negoci...

PROGRAMA IGUALA-T 20/19

                                                   =    Durante o curso 2019/2020 solicitamos a Acción 3 dos Contratos-Programa:      IGUALA-T    Con esta actuación pretendemos fomentar no centro a igualdade de xénero, a coeducación, a igualdade de oportunidades, a prevención e o tratamento da violencia de xénero, o respecto e tolerancia pola diversidade afectivo-sexual e en definitiva, favorecer a promoción e sensibilización da diversidade como unha riqueza para as sociedades. Esta actuación tamén establece entre os seus obxectivos o de propiciar dinámicas para identificar, analizar e rexeitar situacións de abuso, marxinación e discriminación por razón de xénero na vida cotiá do alumnado e otras realidades, participando, na medida das posibilidades, en iniciativas que busquen cambiar estas situa...

A BANDA DA LOBA

 = Colaboración da banda da loba      Gracias a coordinadora do Equipo de Dinamización da Lingua G alega, o noso alumnado tivo a sorte de pasar unha tarde con Inés, compoñente do grupo musical feminino "A banda da loba". O noso alumnado fixo de hipotéticos músicos e músicas e pensaron en temáticas de cancións onde puideron sentir como a través da expresión artística se poden traballar moitos sentimentos, inquedanzas e emocións.     

TESTEMUÑA VIOLENCIA DE XÉNERO

=  CHARLA CON TESTEMUÑA SOBRE VIOLENCIA DE XÉNERO Este curso dentro do Plan Director o alumnado de 1º de Bacharelato tivo unha Charla sobre Violencia de Xénero onde unha testemuña contou todas as violencias que se exerceron sobre ela: violencia física, psicolóxica, de illamento social e tamén os terrores da violencia sexual que nunca curan. María, tivo moito valor para poñerse diante de 50 alumnos/as de Bacharelato e contar en primeira persoa todos os seus sufrimentos. Ela di que o fai porque ela denunciou gracias a que no seu instituto alguén realizou unha charla similar. Invita a DENUNCIAR a todas as rapazas que sufriran ou estén sufrindo algún tipo de violencia. Moitas gracias María poña túa testemuña. No seguinte enlace podes a Guía de actuación ante casos de violencia de xénero no ámbito educativo.

PARA XANEIRO: CADERNO DE CAMPO

=   PARA XANEIRO, UNHA AXENDA Desta vez, máis que recomendar un libro, imos recomendar unha axenda. Este ano 2021 irmás Cartoné ofrecen  un Caderno de Campo das mudanzas, mutacións e metamorfoses.   Porque non sabemos o que nos ha traer este 2021, este ano a Axenda Cartoné vén marítima e mutante, para encaixarmos mellor estes tempos que cambian.     Se queredes ver outras edicións doutros anos, podedes facelo na propia paxina web que é unha pequena editora independente dedicada a tradución ao galego de textos clásicos. http://irmascartone.com/