= OBRADOIRO MULLERES CIENTÍFICAS
O noso centro, o día 10 de Novembro do 2021, tivo a sorte de ter a FATIMA RODRÍGUEZ PINA desenvolvendo este obradoiro co alumnado de 1º ESO.
Obradoiro centrado na biografía de Isabel Zendal e Ánxeles Alvariño no que, coa realización de varios experimentos científicos, se abordaron conceptos de microbioloxía e inmunoloxía dende un enfoque cómico-teatral.
Realizáronse 4 experimentos:
1.Test caseiro de anticorpos
2. Cultivo caseiro de bacterias e estampación de mostras
3. Imprimación dos peixes segundo a técnica Gyotaku
4. Experimento de descomposición das cunchas dos moluscos
Iniciativa realizada ao abeiro do Fondo de proxectos culturais en lingua galega Xacobeo 2021-2022.