O IES Xesús Taboada Chivite de Verín pretende dinamizar a través do Iguala-T o respecto polas diversidades,
a igualdade de oportunidades e a equidade no seu sentido máis inclusivo.
Buscar neste blog
LETRAS GALEGAS 2021
= LETRAS GALEGAS 2021.
Por fin! Xa tocaba que as mulleres galegas foran representadas nete eido. Depois de tantos anos conmemorando as Letras Galegas, unha data tan importante para a nosa literatura a nivel particular e a nosa cultura e tradición a nivel xeral, tivemos a sorte de que a Academia valorara a unha muller como merecedora deste recoñecemento.
No que levamos de Letras Gaelgas é a 5ª muller en recibir tal homenaxe. Despois de Rosalía de Castro (1963), Francisco Herrera Garrido (1987), María Mariño (2007) e Mª Victoria Moreno (2018), este ano 2021, tamén ten voz de muller gracias a XELA ARIAS.
Xela Arias
Non é un día, é todo o ano. Aínda máis, en realidade o Día das Letras Galegas é unha fiestra que se abre cara ao futuro. Descuberta e, ao mesmo tempo, reflexión. A figura escollida serve de referencia non só dunha obra individual, a creación literaria ou estética, senón que vén ser asemade crónica ou evocación dun tempo.
A academia elixiu unha muller nova para unha Galicia nova: unha lingua consciente das súas raíces, mais debruzada no século XXI, nas novas formas de creación e expresión, novas linguaxes, novas experiencias, representativa dun momento extraordinariamente creativo na cultura de finais dese século: a música, as artes plásticas, a produción audiovisual, a industria editorial… Xela contribuíu moi activamente ao afortalamento desa etapa, participando comprometidamente en moitas iniciativas, mesmo de mobilización social. Alguén a definiu como un “verso libre”.
Xela Arias (1962-2003) instálanos na Galicia dos anos 80 e 90 do século XX: a Galicia urbana, que conserva a memoria da aldea, pero que vive as profundas transformacións demográficas, económicas, sociais e culturais que caracterizan as derradeiras décadas dese século.
Víctor F. Freixanes Presidente da Academia
Quere iso dicir que un pobo que se alonxa do seu idioma alónxase da súa cultura. Quere iso dicir que a un pobo ó que alonxan do seu idioma alónxano da súa cultura. Quere iso dicir que Galicia ten aínda hoxe os seus mitos, a súa tradición sen resolver porque ten aínda sen resolve-la aceptación do seu propio idioma.
Engadimos un vídeo publicado pola Real Academia Galega do seu fillo Darío recitando un poema da súa nai Xela Arias
= Durante o curso 2019/2020 solicitamos a Acción 3 dos Contratos-Programa: IGUALA-T Con esta actuación pretendemos fomentar no centro a igualdade de xénero, a coeducación, a igualdade de oportunidades, a prevención e o tratamento da violencia de xénero, o respecto e tolerancia pola diversidade afectivo-sexual e en definitiva, favorecer a promoción e sensibilización da diversidade como unha riqueza para as sociedades. Esta actuación tamén establece entre os seus obxectivos o de propiciar dinámicas para identificar, analizar e rexeitar situacións de abuso, marxinación e discriminación por razón de xénero na vida cotiá do alumnado e otras realidades, participando, na medida das posibilidades, en iniciativas que busquen cambiar estas situa...
= PARA XUÑO: TEORÍA KING KONG Para rematar o curso recomendamos un libro INCÓMODO . Posiblemente non sexa unha lectura sinxela para adolescentes pero si moi interesante para as persoas adultas xa que di moitas verdades que non queremos escoitar. (Xa sabedes, a xente tende a mirar para outro lado e non posicionarse). Facémonos eco dun post da web laslibreriasrecomiendan.com “Hoy escuchamos a hombres que se lamentan de que la emancipación femenina les desviriliza. Echan de menos un estado anterior, en el que su fuerza estaba enraizada en la opresión femenina. Olvidan que esta ventaja política que se les había concedido tenía un coste: el cuerpo de las mujeres pertenecía a los hombres; en contrapartida, el cuerpo de los homres pertenecía a la producción, en tiempos de paz, y al Estado, en tiempos de guerra. La confiscación del cuerpo de las mujeres se produce al mismo tiempo que la confiscación del cuerpo de los hombres. Los únicos que salen ganando en este negoci...
= O 25 de Novembro, día internacional para a eliminación da violencia de xénero, o CIM (Centro de Información Muller) de Verín invitounos a ver esta fermosa película documental para vibilizar a realidade doutras nenas no Mundo. Fumos co alumnado de 4º ESO e foi unha oportunidade para reflexionar da falta de acceso á educación de moitas mulleres noutras partes do Mundo. "Unha muller con coraxe é unha revolución" é o lema que defende esta organización. Se queres ver o trailer deste documental pulsa sobre esta imaxe.
= SEX EDUCATION: UNHA SERIE ORIXINAL DE NETFLIX que pensa abertamente sen pudores e sen tabúes sobre a importancia dunha educación sexual nos centros educativos. Sex Education xira en torno á vida de Otis, un adolescente calificado como "bicho raro" no instituto, ao que se lle une o feito de ser virxen. Pola contra, este vive coa súa nai sexóloga, ó que favorece que Otis teña un amplo coñecemento respecto ao tema. Todo cambia cando, aliándose con Maeve, unha chica intelixente pero con mala fama, Otis aproveita para mostrar todo o que sabe e mellorar a súa reputación na escola. Así, ambos montan una pseudoclínica onde os e as estudanrtes acuden a pedir consellos sobre os seus problemas. Desde a sororidade, o aborto, o vaxinismo, a identidade sexual, a violencia de xénero, a violencia contra a comunidade LGTTBI ou incluso as prácticas homosexuais son só algúns dos temas que trata a serie nun ambiente dun instituto británico (Moordale). É unha odisea dos e das...
= AS CALCULADORAS DE HARVARD As Computadoras de Harvard foron un grupo de mulleres que realizaron significativos avances na clasificación de datos astronómicos logo de que Edward Charles Pickering (director del Harvard Observatory desde 1877 hasta 1919) decidira contratar a mulleres para procesar datos de estrelas. Entre estas mulleres atopábanse Williamina Flemin, Annie Jump Cannon, Henrietta Swan Leavitt e Antonia Maury. A este grupo de mulleres coñeceuselle como as "Conputadoras de Harvard". Neste enlace poderás saber máis destas mulleres: https://www.xataka.com/historia-tecnologica/calculadoras-harvard-mujeres-que-ampliaron-nuestra-vision-universo-tumbaron-prejuicios-25-centavos-hora