= RECOMENDACIÓN PARA MAIO: "LA EVOLUCIÓN DE CALPURNIA TATE"
NESTE MES DE MAIO QUE SEGUIMOS SEN PODER ASISTIR AO CENTRO EDUCATIVO, A NOSA COMPAÑEIRA GUIOMAR VÁZQUEZ NOGUEIRAS, PROFESORA DE BIOLOXÍA-XEOLOXÍA, OFRÉCENOS A SEGUINTE RECOMENDACIÓN PARA A SECCIÓN "LECTURAS EN FEMININO":
“La
evolución de Calpurnia Tate”
Calpurnia, Callie Ve, é unha nena
de once anos que vive nunha aldea de Texas no ano 1899, nunha familia
acomodada. É a única moza de sete irmáns, cuxa nai ten para
ela preparado un futuro no que tocar o piano, coser e cociñar sexa o único ao
que se debe dedicar. Pero ela está máis interesada no que acontece detrás da
porta pechada da biblioteca ou no laboratorio do seu avó.
Pouco a pouco irase gañando a
este señor tan rudo e comezará a colaborar con el nas súas observacións do
medio natural, aprenderá quen é Darwin, que son as especies e as subespecies, alén
do parvos que se volven os seus irmáns máis vellos cando se namoran.
Apoiándose no libro “ A
orixe das especies” de Darwin e nos achados da pequena, Jacqueline
Kelly, a autora desta novela, amósanos a
evolución de Calpurnia Virginia Tate, e como muda a súa vida cando o seu avó lle abre as portas
ao coñecemento e a razón.
Unha lectura para todas as
idades, cunha rapaza curiosa con desexo de saber que non poderás esquecer.