Saltar ao contido principal

O REGGAETON É MACHISTA?

=   O REGGAETON É MACHISTA?

  

   Escoitaches algunha vez dicir que o pop é machista? Ou que o rock ou hard-rock é machista? Non. En cambio se escoitas cancións como "Every breath you take" de The Police, "Run for your life" dos Beatles ou "La mataré" de Loquillo y los trogloditas, pensarías que esas letras o son. 

  Por iso, cremos que o reggaeton é un xénero musical que che pode gustar máis ou  menos pero non ten que ser machista en sí. Outra cousa é que sí, hai moitas cancións de reggaeton que teñen letras machistas, vídeos que cosifican á muller, incitan á violencia de xénero e ensalzan o rol de poder do home. 
Insistimos, temos que ter mirada crítica e ser capaces de ver que hai cancións de reggaeton  con letras machistas que denigran ás mulleres pero non o xénero musical é machista. Por sorte, hai reggaeton que non reproduce esta filosofía. Un exemplo claro o temos no colectivo musical "Tremenda jauría" que fushiona estilos musicais, incluindo o reggaeton e no que as súas letras versan sobre o compromiso social e político antipatriarcal. Unha canción moi coñecida do grupo é "Tu no eres mi papi 2.0".


  Isabel Cota, profesora de Inglés do IES Xesús Taboada Chivite,  cédenos esta invitación para coñecer un reggaeton moi peculiar: "El reguetón del Siglo de Oro"


Sor Juana Inés de la Cruz, senlleira figura das letras no Barroco hispano, ten unha obra lírica que se caracteriza pola súa grande calidade, tanto no dominio da forma como desde o punto de vista conceptual: di moi ben cousas moi ben pensadas, e faino combinando unha sinxeleza aparente que provoca no lector contemporáneo a sensación de que se podería tratar de poesía actual. Recoméndovos as redondillas (estrofas de catro versos octosílabos, con rima consonante abba) nas que censura (e cito textualmente) "a los hombres que en las mujeres ACUSAN aquello que CAUSAN" (fixádevos en que esas dúas palabras forman un enxeñoso e certeiro anagrama: teñen as mesmas letras pero noutra orde). "Hombres necios que acusáis" é o primeiro verso. Unha lectura moi amena e, lamentablemente, de rabiosa actualidade. É moi meritorio que unha muller daquela época atopase o valor de escribir estes versos. Aquí douvos un adianto: "Hombres necios que acusáis a la mujer sin razón, sin ver que sois la ocasión, de lo mismo que culpáis (...) Con el favor y el desdén tenéis condición igual, quejándoos, si os tratan mal, burlándoos, si os quieren bien. Opinión ninguna gana, pues la que más se recata, si no os admite, es ingrata, y si os admite, es liviana." Podedes escoitar algúns destes versos no reguetón que Ana Morgade canta, dando vida a esta escritora, xunto a un Miguel de Cervantes e un Calderón de la Barca moi especiais.
PARA VER O VÍDEO MUSICAL, PREMA NA IMAXE

Publicacións populares deste blog

PARA XUÑO: TEORÍA KING KONG

 =  PARA XUÑO: TEORÍA KING KONG Para rematar o curso recomendamos un libro INCÓMODO . Posiblemente non sexa unha lectura sinxela para adolescentes pero si moi interesante para as persoas adultas xa que di moitas verdades que non queremos escoitar. (Xa sabedes, a xente tende a mirar para outro lado e non posicionarse). Facémonos eco dun post da web laslibreriasrecomiendan.com    “Hoy escuchamos a hombres que se lamentan de que la emancipación femenina les desviriliza. Echan de menos un estado anterior, en el que su fuerza estaba enraizada en la opresión femenina. Olvidan que esta ventaja política que se les había concedido tenía un coste: el cuerpo de las mujeres pertenecía a los hombres; en contrapartida, el cuerpo de los homres pertenecía a la producción, en tiempos de paz, y al Estado, en tiempos de guerra. La confiscación del cuerpo de las mujeres se produce al mismo tiempo que la confiscación del cuerpo de los hombres. Los únicos que salen ganando en este negoci...

PROGRAMA IGUALA-T 20/19

                                                   =    Durante o curso 2019/2020 solicitamos a Acción 3 dos Contratos-Programa:      IGUALA-T    Con esta actuación pretendemos fomentar no centro a igualdade de xénero, a coeducación, a igualdade de oportunidades, a prevención e o tratamento da violencia de xénero, o respecto e tolerancia pola diversidade afectivo-sexual e en definitiva, favorecer a promoción e sensibilización da diversidade como unha riqueza para as sociedades. Esta actuación tamén establece entre os seus obxectivos o de propiciar dinámicas para identificar, analizar e rexeitar situacións de abuso, marxinación e discriminación por razón de xénero na vida cotiá do alumnado e otras realidades, participando, na medida das posibilidades, en iniciativas que busquen cambiar estas situa...

FILM: GIRL RISING

    =    O 25 de Novembro, día internacional para a eliminación da violencia de xénero, o CIM (Centro de Información Muller) de Verín invitounos a ver esta fermosa película documental para vibilizar a realidade doutras nenas no Mundo.  Fumos co alumnado de 4º ESO e foi unha oportunidade para reflexionar da falta de acceso á educación de moitas mulleres noutras partes do Mundo. "Unha muller con coraxe é unha revolución"   é o lema que defende esta organización. Se queres ver o trailer deste documental pulsa sobre esta imaxe.

SEX EDUCATION

 = SEX EDUCATION: UNHA SERIE ORIXINAL DE NETFLIX que pensa abertamente sen pudores e sen tabúes sobre a importancia dunha educación sexual nos centros educativos.  Sex Education  xira en torno á vida de Otis, un adolescente calificado como "bicho raro" no instituto, ao que se lle une o feito de ser virxen. Pola contra, este vive coa súa nai sexóloga, ó que favorece que Otis teña un amplo coñecemento respecto ao tema. Todo cambia cando,  aliándose con Maeve, unha chica intelixente pero con mala fama,  Otis aproveita para mostrar todo o que sabe e mellorar a súa reputación na escola. Así, ambos montan una pseudoclínica onde os e as estudanrtes acuden a pedir consellos sobre os seus problemas. Desde a sororidade, o aborto, o vaxinismo, a identidade sexual, a violencia de xénero, a violencia contra a comunidade LGTTBI ou incluso as prácticas homosexuais son só algúns dos temas que trata a serie nun ambiente dun instituto británico (Moordale). É unha odisea dos e das...

AS CALCULADORAS DE HARVARD

 = AS CALCULADORAS DE HARVARD As  Computadoras de Harvard  foron un grupo de mulleres que realizaron significativos avances na clasificación de datos astronómicos logo de que  Edward Charles Pickering  (director del  Harvard Observatory  desde 1877 hasta 1919) decidira contratar a mulleres para procesar datos de estrelas.    Entre estas mulleres atopábanse Williamina Flemin, Annie Jump Cannon, Henrietta Swan Leavitt e Antonia Maury. A este grupo de mulleres coñeceuselle como as "Conputadoras de Harvard".     Neste enlace poderás saber máis destas mulleres: https://www.xataka.com/historia-tecnologica/calculadoras-harvard-mujeres-que-ampliaron-nuestra-vision-universo-tumbaron-prejuicios-25-centavos-hora