Saltar ao contido principal

PARA XANEIRO: AXENDA 2022

 =   PARA XANEIRO: AXENDA 2022 DAS IRMÁS CARTONÉ


MANUAL PARA O CABAL CULTIVO DAS HORAS, DÍAS, SEMANAS E ESTACIÓNS DO ANO 2022

Outro ano recomendamos a axenda das irmás Cartoné xa ue no pasar do curso, axúdanos a reflexionar no importante que é o cultivo na nosa vida, a importancia de cultivarnos e de cultivar.  sorte na vosa colleita neste 2022!!!!


 

Irmás Cartoné é unha pequena editora independente creada por Carlos Valdés e Celia Recarey, dous seres con dúas décadas de experiencia mercenaria no sector editorial, e dedicada á tradución ao galego de textos clásicos* da literatura universal

Publicacións populares deste blog

V CONCURSO DE DEBUXO E REDACCIÓN UVigo

  =    V Concurso Escolar de Creación Artística do Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia Este concurso está aberto á participación de alumnado de Primaria e ESO da provincia de Ourense. A iniciativa enmárcase dentro das accións que cada curso académico organizan a Facultade de Ciencias, a Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo e a Escola Superior de Enxeñaría Informática do campus de Ourense co gallo da celebración o día 11 de febreiro do Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia. Outro ano máis o noso centro participa nesta iniciativa e outro ano máis recoñeceselle o traballo a unha das nosas estudantes. O curso pasado Sabela Rúa levaba esta gran sorpresa co seu relato sobre a súa avoa e este ano o recibe outra alumna cun relato sobre Rosalind Franklin.                                    A alumna de 3º ESO B, Omaima Limane Limane, foi galardoada co segundo prem...

LETRAS GALEGAS 2020

=   O día das Letras Galegas é un día de exhaltación da lingua de Galicia a través da súa manifestación literaria. Este ano é homenaxeado RICARDO CARVALHO CALERO (1910-1990).   A crise do coronavirus obrigou a aprazar a celebración do Día das Letras Galegas, por iso a Academia das Letras Galegas, nunha medida sen precedentes na institución, apraza a celebración ao mes de Outubro, concretamente a sesión plenaria será o día 31 de Outubro, coincidindo coa conmemoración do nacemento deste intelectual ferrolán. Entre a extensa obra deste autor, queremos salientar esta fermosa poesía con mirada feminista, sacada das súas "Cantigas de amigo e outros poemas" (1980-1985). Calquer lugar é bom para morrer Calquer lugar é bom para morrer. Nom se distingue o home da mulher. A morte é neutra —das Tod— em alemám. Género e sexo nom sempre vam da mam. Pois umha cousa é a anatomia e outra a gramática —falaz dicotomia. Nom vejo a morte feminista ser. Calquer l...

"Matriarcas" en Lingua de Signos

=    MATRIARCAS, en Lingua de Signos. A profesora de Audición e Linguaxe, Patricia Montesinos, realizou unha montaxe sobre o tema de Guadi Galego "Matriarcas", na que a alumna de 1º ESO, Rubí Suárez Vargas, interpreta esta fermosa canción en linguaxe de signos. Moitas gracias tamén a nosa Intérprete de Lingua de Signos Laura Vila Fernández pola súa colaboración.

PILAR AYMERICH, PREMIO NACIONAL DE FOTOGRAFÍA

 = PILAR AYMERICH, PREMIO NACIONAL DE FOTOGRAFÍA 2021 Agradecemos a Nuria Trigueros, profesora e Xefa do DD de Física e Química  este gran descubrimento.   Pilar Aymerich , unha   fotógrafa que leva coa cámara en man desde os anos 60 e que agora con 78 ve recoñecida toda a súa carreira.   Fotografía comprometida e directa , sen artificios e sempre preto dos acontecementos e persoas que retratou durante máis de 50 anos. Este ano propones   a Pilar Aymerich para ser galardoada co Premio Nacional de Fotografía, correspondente a 2021. O xurado recoñece a Pilar Aymerich por “unha traxectoria no ámbito da fotografía a pé de rúa, que plantexa cuestións importantes na realidade social e política tardofranquista, que ainda hoxe en día son de relevancia”. Aymerich (Barcelona, 1943) estudou na escola de arte dramático e en Londres introduciuse no campo da fotografía. Ampliou despois os seus coñecementos técnicos en París, especializándose máis tarde na ...

ENQUISA SOBRE IGUALDADE

 =    COLABORACIÓN CO ESTUDO SOBRE IGUALDADE DE XÉNERO O CIM (Centro de Información da Muller) de Verín, a Universidade de Vigo e a Mancomunidade de Verín están a facer un estudo diagnóstico da violencia de xénero desde a perspectiva dos e das adolescentes. Mª Victoria Carrera Fernández, doutora en CC. da Educación e profesora na Universidade de Vigo é a investigadora principal deste proxecto en colaboración co CIM de Verín, servizo que presta atención aos 7 concellos da Comarca para ofrecer atención social, psicolóxica, legal e orientación laboral no apoio integral ás mulleres e menores que están a sufrir a violencia, sobre todo a violencia de xénero. O noso centro educativo colabora con este estudo para favorecer este diagnóstico e pode actuar en base ás necesidades reais da comarca. O alumnado de 3º e 4º ESO, así como o alumnado de 1º e 2º Bach, realizou de forma ANONIMA este cuestionario que versa sobre a percepción que ten a mocidade sobre a violencia, prestando unha...