= DEBATE-CHARLA CON ROSA TALLÓN
O 9 de Marzo do 2020 pola tarde o alumnado de 4º ESO asistiu ao debate-charla sobre igualdade de xénero coa Fiscal Rosa Tallón (antiga alumna do noso centro).
Aprendimos moitas cousas sobre a súa profesión e tamén sobre a violencia de xénero, amosou datos moi interesantes que nos fixeron reflexionar da importancia de traballar a igualdade desde os centros educativos. Tamén falou da influencia da pornografía nos adolescentes, das relacións que se dan entre chico-chica, das diferentes condenas,... pero insistiu que unha condena por moi exemplar que sexa, non reduce o machismo.Rosa Tallón está convencida que a igualdade de xénero só se consigue coa educación.