8-M: DÍA INTERNACIONAL DA MULLER"
O centro participou no concurso para o deseño do cartel do Día 8 de Marzo do 2020 "DIA INTERNACIONAL DA MULLER" que convoca a Secretaría Xeral da Igualdade. PDF Convocatoria
O obxecto do concurso é fomentar a promoción da igualdade dentro dos centros educativos de Galicia, a través dunha acción que visibilice a contribución das mulleres nos distintos ámbitos e promova a reflexión sobre os estereotipos de xénero así como o camiño que as mulleres tiveron que percorrer para ver recoñecidos os seus dereitos.
O noso alumnado participou na Categoría que abarca á ESO coas seguintes montaxes fotográficas.