Saltar ao contido principal

PARA MARZO: "PERSÉPOLE"

=    A RECOMENDACIÓN DO MES DE MARZO NA NOSA SECCIÓN "LECTURAS EN FEMININO" É A SEGUINTE:

  
Lucía Rúa, orientadora do IES Xesús Tabaoada Chivite, fai  esta recomendación que agarda sexa a primeira de moitas. Esta sección terá a súa continuidade e así entre todos e todas poder enriquecernos das fabulosas lecturas de autores e autoras que amosan as diversas realidades da nosa sociedade, sempre cunha visión feminista, crítica e igualitaria.
RECOMENDACIÓN: PERSÉPOLE
Desde hai un par de anos, son unha gran lectora de Novela gráfica, encántame somerxerme na lectura das imaxes que acompañan os textos e diálogos que amosan os escritores/as, deseñadores/as e debuxantes. Lin moitas novelas gráficas que me encantaron como Maus, Epiléptico, Guantánamo kid ou Engurras
Este verán, a filla de 16 anos dun amigo, recomendoume este libro, contoume brevemente de que trataba pero o que me sorprendeu foron as súas ilustracións, a capacidade de mostrar tantas emocións a través dos seus debuxos un tanto infantís e como o branco e negro achega maior profundidade ao relato.
Persépole é unha novela autobiográfica da súa autora, Marjane Satrapi. Relata a súa adolescencia e xuventude. Comeza cando chega a revolución islámica ao seu país. Irán. Continúa a novela cando é enviada a Europa polos seus pais e o choque cultural ao que se somete porque nada se lle parece ao que facía no seu país. E remata cando volve a Irán para estar coa súa familia, aínda que teña que usar o veo e aceptar a tiranía. É unha reflexión das restricións das libertades individuais que moitas veces pensamos que temos garantidas.
Como opinión personal, encantoume porque a protagonista non se presenta a si mesma nin como unha mártir nin como unha heroína, represéntase como unha muller, como unha de nós.




Publicacións populares deste blog

PARA XUÑO: TEORÍA KING KONG

 =  PARA XUÑO: TEORÍA KING KONG Para rematar o curso recomendamos un libro INCÓMODO . Posiblemente non sexa unha lectura sinxela para adolescentes pero si moi interesante para as persoas adultas xa que di moitas verdades que non queremos escoitar. (Xa sabedes, a xente tende a mirar para outro lado e non posicionarse). Facémonos eco dun post da web laslibreriasrecomiendan.com    “Hoy escuchamos a hombres que se lamentan de que la emancipación femenina les desviriliza. Echan de menos un estado anterior, en el que su fuerza estaba enraizada en la opresión femenina. Olvidan que esta ventaja política que se les había concedido tenía un coste: el cuerpo de las mujeres pertenecía a los hombres; en contrapartida, el cuerpo de los homres pertenecía a la producción, en tiempos de paz, y al Estado, en tiempos de guerra. La confiscación del cuerpo de las mujeres se produce al mismo tiempo que la confiscación del cuerpo de los hombres. Los únicos que salen ganando en este negoci...

PROGRAMA IGUALA-T 20/19

                                                   =    Durante o curso 2019/2020 solicitamos a Acción 3 dos Contratos-Programa:      IGUALA-T    Con esta actuación pretendemos fomentar no centro a igualdade de xénero, a coeducación, a igualdade de oportunidades, a prevención e o tratamento da violencia de xénero, o respecto e tolerancia pola diversidade afectivo-sexual e en definitiva, favorecer a promoción e sensibilización da diversidade como unha riqueza para as sociedades. Esta actuación tamén establece entre os seus obxectivos o de propiciar dinámicas para identificar, analizar e rexeitar situacións de abuso, marxinación e discriminación por razón de xénero na vida cotiá do alumnado e otras realidades, participando, na medida das posibilidades, en iniciativas que busquen cambiar estas situa...

PLAN DE IGUALDADE

   =   PLAN DE IGUALDADE Comezamos o curso 2020/2021 no IES Xesús Taboada Chivite, curso no que temos un Plan de Igualdade recollido dentro do Proxecto Educativo. Esta é a canle oficial para asentar a igualdade como un sinal de identidade do centro. Tal e como recollemos no Plan, pretendemos construir un espazo seguro e libre de violencias machista e promover un cambio social cara un mundo máis igualitario. O Plan de Igualdade é o inicio e o documento que sustenta as accións nesta materia e avía para que toda a comunidade educativa asuma este novo e irrenunciable reto: a igualdade efectiva entre homes e mulleres. Para poder ver o Plan "IgualaT no ChiviT", prema sobre o seguinte texto: PLAN DE IGUALDADE DO CENTRO

A BANDA DA LOBA

 = Colaboración da banda da loba      Gracias a coordinadora do Equipo de Dinamización da Lingua G alega, o noso alumnado tivo a sorte de pasar unha tarde con Inés, compoñente do grupo musical feminino "A banda da loba". O noso alumnado fixo de hipotéticos músicos e músicas e pensaron en temáticas de cancións onde puideron sentir como a través da expresión artística se poden traballar moitos sentimentos, inquedanzas e emocións.     

TESTEMUÑA VIOLENCIA DE XÉNERO

=  CHARLA CON TESTEMUÑA SOBRE VIOLENCIA DE XÉNERO Este curso dentro do Plan Director o alumnado de 1º de Bacharelato tivo unha Charla sobre Violencia de Xénero onde unha testemuña contou todas as violencias que se exerceron sobre ela: violencia física, psicolóxica, de illamento social e tamén os terrores da violencia sexual que nunca curan. María, tivo moito valor para poñerse diante de 50 alumnos/as de Bacharelato e contar en primeira persoa todos os seus sufrimentos. Ela di que o fai porque ela denunciou gracias a que no seu instituto alguén realizou unha charla similar. Invita a DENUNCIAR a todas as rapazas que sufriran ou estén sufrindo algún tipo de violencia. Moitas gracias María poña túa testemuña. No seguinte enlace podes a Guía de actuación ante casos de violencia de xénero no ámbito educativo.