= Este ano, a Marcha Mundial das Mulleres realizouse en Verín para recoñecer a labor que fixeron ante o peche do paritorio no hospital comarcal. Esa loita tiña que ser recoñecida!
O Departamento de Orientación asistiu ao Encontro Aberto para establecer cal sería a participación por parte de todos os ámbitos. Considerouse decorar o centro educativo con algún cartel xa que a Marcha comenzaba desde o IES.
O Departamento de Educación Plástica e Visual realizou este cartel que amosamos nesta "entrada". Estivo na porta do centro, en gran formato, para animar á manifestación que se realizou o día 1 de Marzo.
Por parte do centro tamén dimos difusión da propia Marcha a través de carteis que estiveron colgados nos diferentes corredores e nos taboleiros, así como na porta de entrada ao centro.