= DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO
Co gallo do Día de Rosalía de Castro, día 24 de febreiro, o centro rinde homenaxe a escritora máis representativa e reivindicativa de Galicia pola súa defensa do pobo galego e de súa lingua.
Os alumnos e alumnas de 3º ESO da profesora Tatiana Otero fixeron
debuxos de Rosalía imitando a técnica empregada por Andy Warhol no seu famoso
díptico de Marilyn Monroe. Expuxeron no centro un fermoso mural con todas as imaxes de Rosalía.
Tamén o alumnado de 1º ESO, gracias á Biblioteca do centro, disfrutou dun obradoiro moi práctico da Asociación Tarabelos (títeres e contacontos): "Rosalía. Todos por igual". O alumnado a través da música, poesía e a expresión artística coñeceu o fermoso mundo desta escritora.