= ACTIVIDADE DE TITORÍA POLO DÍA 8 DE MARZO.
Durante esta semana desde o Departamento de Orientación proponse unha actividade de titoría para traballar a igualdade de xénero no Día Internacional da Muller. A actividade leva por título "A xente nova ten moito que dicir" para que as nosas alumnas e os nosos alumnos valoren inicativas feitas por outros estudantes e se sintan orgullosos e orgullosas de tales reinvindicacións. Esta actividade tamén quer animalos a expresar as súas ideas, propostas e cambios.
Engadimos a Actividade que podedes ver no seguinte enlace.
Na actividade podemos reflexionar sobre 2 vídeos musicais elaborados por xente nova que aposta pola igualdade e polo feminismo.
Vídeo: ¿Como te suena? Unha reflexión sobre as mensaxes machistas que ofrecen algunhas cancións.
Vídeo: Rap sobre a igualdade e en contra do machismo realizado por un grupo de adolescentes.