= EXPOSICIÓN: A VIOLENCIA DE XÉNERO... DILLE NON!
Este curso escolar tivemos a sorte de ter no centro esta exposición da Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia desde o 5 ao 22 de Marzo coincidindo con esta data tan importante en prol da igualdade e dando un toque de cor e de feminismo ás paredes dos corredores do centro.
O alumnado puido fixarse e reflexionar sobre moitos tipos de violencia de xénero: control, presión, manipulación, celos, abuso, extorsión, chantaxe emocional, humillación, ... cos que as mozas conviven cada día na súa relación de parella e na sociedade en xeral.
O profesorado tamén puido traballar estes contidos a través da guía didáctica elaborada sobre a exposición e que se lle enviou a todos os profesores e todas as profesoras do noso centro educativo. Podedes ver a unidade diáctica no seguinte enlace: