= 11-F Día Internacional da Muller e a nena na Ciencia
O centro conmemora esta data con varias actividades. Entre elas, coma sempre, tivemos no centro a exposición Exxperimenta en feminino gracias aos Departamentos Didácticos de Ciencias que este curso organizou o Dpto de Física e Química.
En 2021 preséntase unha nova exposición titulada As mulleres que nos levaron a Lúa. A exposición está composta por 12 pósteres tipo roll up nos que se recolle a biografía e logros daquelas mulleres que co seu coñecemento e traballo axudaron a viaxar ao espazo. Nela atoparemos matemáticas, químicas enxeñeiras e informáticas que posibilitaron as viaxes espaciais ademais das astronautas que conseguiron navegar polo cosmos.